Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 diciembre, 2023
A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa abre prazo extraordinario de inscrición no “OBRADOIRO DE NADAL: AS VOLTAS”, dirixido a crianzas nadas entre 2013 e 2019, ambos inclusive. O prazo permanecerá aberto ata o 20 de decembro e o criterio de selección será por orde de inscrición. O obradoiro, que será de balde, realizarase en dúas quendas entre os días 27 ao 29 de decembro de 2023 e entre o 2 e o 5 de xaneiro de 2024, en horario de 10:00 a 14:00. Ás Voltas é un proxecto que busca, sobre todo, crear un espazo seguro para as crianzas no cal promover un programa lúdico e educativo, onde nenas e nenos xoguen e creen con perspectiva de xénero. Por ese motivo, este proxecto fomenta valores como a igualdade de xénero, a inclusión de todas as diferencias como fonte de riqueza, a xestión emocional dende a comprensión da mesma e o reforzo positivo das diferentes personalildades.
Os obxectivos do obradoiro son:
• Crear un espazo de seguridade para as crianzas favorecendo valores como a igualdade de xénero, a inclusión e o respecto.
• Achegar ferramentas para coñecer diferentes países do mundo a través do xogo para propiciar a inclusión coñecendo diferentes diversidades.
• Visibilizar o papel das mulleres pioneiras rompendo estereotipos asociados aos roles de xénero existentes.
• Favorecer espazos de xestión emocional, donde falar de sentimentos e emocións para poder xestional de forma efectiva.
• Proporcionar unha alternativa educativa e lúdica para as familias durante as vacacións escolares de nadal.
Para máis información pode acudir ao Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao 981 501 101.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)