AD

Deportes

Adrián Sesar e Nuria Mejuto impuxéronse con claridade na Carreira Pedestre Popular do Pino

today21 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD
  • Salama Loutfi e Amador Pena, e Nía Franco e Alba Muñiz completaron o podio masculino e feminino nesta 21 edición
  • O Club Atletismo O Pino gañou a clasificación por equipos
  • Carlos López e Cristina Carril, mellores atletas do Pino na carreira absoluta de 8 quilómetros

O Pino. 20-9-2026.- Adrián Sesar Míguez e Nuria Mejuto Fernández foron os dominadores e impuxéronse con claridade na liña de meta da proba absoluta de 8 quilómetros da XXI Carrera Pedestre Popular do Pino, que hoxe xuntou en Arca a 270 participantes. Carlos López Platas e Cristina Carril Boo foron os mellores atletas locais, mentres que na clasificación por equipos impúxose o CA O Pino e, como clube máis numeroso, levou o premio o CA Tambre.

O atleta do C.A. O Pino Adrián Sesar dominou a carreira absoluta dende o momento de tomar a saída ata o final, cruzando a liña de meta (27:51) con once segundos de diferencia sobre o segundo clasificado, Salala Moutfi (28:02) e case un minuto antes que Amador Pena (28:48), que foi o terceiro clasificado.

O mesmo ocorreu na proba feminina. Nuria Mejuto dominou a carreira dende o principio. A atleta da SD Compostela rematou os 8 quilómetros nun tempo de 34:12, cunha clara diferencia sobre Nía Franco (35:42), do Trieume As Pontes, e Alba Muñiz Lesta (35:58), da Asociación BJ Running Team.

Na proba absoluta, os mellores atletas locais foron Carlos López Platas (33:28), Miguel García Duro (34:16) e Manuel Fandiño (35:35), mentres que en categoría feminina subiron ao podio Cristina Carril Boo (42:24), Ana María Fandiño Vilacide (48:35) e Alba Lea Duro (57:25).

O Club Atletismo O Pino (39 puntos) impúxose na clasificación por equipos ao Club Triatlon Compostela (52) e a SD Compostela (106), mentres que o Club Atletismo Trambre gañou na categoría feminina e tamén o premio ao club con maior número de participantes na proba.

Un ano máis, José Pantín e Elvira Tresguerras levaron o premios como atletas máis veteranos da carreira popular do Pino.

O alcaldle, Manuel Taboada; e os concelleiros Borja Castro, Eva Varela e José Fuentes entregaron os trofeos aos gañadores, xunto con Ángeles Salmonte, representantes do C.A. O Pino.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *