Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Monbus Obradoiro enfrontarase este sábado ás 19:30 horas ao San Pablo Burgos no Multiusos Fontes do Sar, nun dos grandes partidos da fin de semana na Primeira FEB. O Burgos chega invicto, tras vencer ao Cantabria, Fuenlabrada e Palencia, e buscará manter a súa boa racha de triunfos para asegurar o ascenso. Ademais, o club presentará a Álvaro Veiga como o novo speaker do Sar, quen tomará o relevo de Pablo Ríos na megafonía e animación.
Veiga conta cunha experiencia profesional no mundo da comunicación de máis tres décadas, moi coñecido en Galicia pola súa carreira como locutor de radio, disc-jockey e presentador/animador de eventos, o cal promete achegar unha nova enerxía e un estilo único á megafonía dos partidos. Dende os seus comezos en emisoras locais de Arzúa e Touro ata os 15 anos en Radio Obradoiro, conquistou a audiencia galega, sendo recoñecido como o Mellor Comunicador de Santiago en 2007.
Ademais, a súa traxectoria estendeuse fóra de Galicia, destacando como cofundador e director de dúas emisoras en Fuerteventura, onde deixou unha forte pegada no panorama radiofónico canario. Na actualidade asume a dirección de Radio Líder Santiago e dende este vindeiro sábado estrearase como novo speaker na ‘Caldeira’.
Doutra banda, con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se celebra o sábado 19 de outubro, os árbitros da FEB vestirán de rosa en todos os partidos da xornada como parte dunha iniciativa para sensibilizar á poboación e dar visibilidade á loita contra esta enfermidade.
Ademais, o Obradoiro anunciou que Tussa activará un servizo de autobuses para facilitar o acceso dos afeccionados ao Fontes do Sar durante os días de partido, co obxectivo de que todos poidan asistir con facilidade. O club informará semanalmente dos horarios e paradas deste servizo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)