AD

Comarca

Aromas do Entroido e Cine Avenida, grandes triunfadores do Entroido de Padrón

today15 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

• O concurso contou con máis de 1.500 participantes chegados de distintos puntos de Galicia
• ‘Aromas do Entroido’, de Tomiño, foi a comparsa gañadora de máis de vinte membros, e ‘Cine Avenida’, de Lestrove, impúxose en grupos
• ‘Cine mudo’, do CEIP Rosalía, levou o segundo premio local e ‘Ochenteros a tope’ quedou terceiro
• O concurso repartiu máis de 6.000 euros en premios

Padrón.16-3-2025.- A comparsa Aromas do Entroido, de Tomiño, foi a gran triunfadora do concurso de Entroido de Padrón, que se desenvolveu este sábado 15 de marzo cun récord de participación ao superar as 1.500 persoas inscritas. Tamén aumentou a intervención local, cun total de seis comparsas, entre as que destacou As vespas mamis, da asociación A Carballeira de Estramundi, que levou o primeiro premio. Por detrás, quedaron o Cine Mudo do CEIP Rosalía de Castro, que concorría ao concurso por primera vez, e Ochenteros a tope, a proposta que nesta edición facía o grupo liderado pola profesora de fitness Eneida León.

Logo de ter que suspender o desfile por causa da chuvia a semana anterior, Padrón encheuse este sábado de cor, alegría, música e moito humor. O bo tempo acompañou o concurso máis multitudinario do Entroido padronés ata a data, que este ano aumentou a súa dotación para superar os 6.000 euros en premios, e o público respondeu animando o paso dos participantes entre a Avenida Compostela o Campo do Souto. Desfilaron pola N-550, cortada ao tráfico, un total de vinte comparsas de máis de vinte membros, e outras tantas con menos integrantes. A categoría de parellas, con 24, foi a máis numerosa.

O xurado tívoo moi difícil para decidir entre propostas que nesta ocasión, ademais de ser moi numerosas, tiveron temáticas moi variadas e destacaron pola súa orixinalidade. O premio principal, o de comparsas de máis de 20 membros e dotado con 1.200 euros, marchou para Tomiño e os espectaculares Aromas de Entroido. Segundos quedaron Los payasos de la tele de Negreira, premiados con 800 euros; e terceiros, A pascua de Padrón, que gañou 600 euros.

A expectación foi máxima tamén á hora de coñecer aos gañadores locais. En total, participaron seis comparsas de Padrón, ás que se incorporou desta volta o CEIP Rosalía de Castro, mentres repetía o CRA de Dodro. O primeiro premio, e os 600 euros, levouno a asociación A Carballeira, de Extramundi, coas súas divertidas As vespas mamis da Carballeira. Segundo foi o Cine Mudo do colexio Rosalía, que gañou 400 euros; e terceiro, Ochenteros a tope, que despregou varias coreografías e se fixo con 300 euros.

Nas comparsas de ata vinte membros, impúxose o Cine Avenida de Lestrove, sen dúbida gran triunfadora do Entroido da comarca coa súa ocorrente recreación de películas que forman parte da historia dos Oscar. Segunda foi Os Comervezas e terceira, A Pascua de Padrón.
En parellas, a categoría con maior participación, os premios foron para Caixas musicais, Bonecas repolo e Maxia.

Por último, nas categorías individuais resultaron gañadores E non estaba morto, A colmea e a raíña e Piter reparte zanahorias, en persoas adultas, e A volta ao mundo, Nayra de Motonui e O neno de hojalata perdido, en infantil.

O alcalde, Anxo Arca, e as concelleiras Chus Champos, Ana Castro e Mariló Seco encargáronse de entregar os premios, logo de que o grupo Os perqtores animara a espera da decisión do xurado a ritmo de batucada.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *