Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 marzo, 2024
Nunha entrevista en Radio Líder Santiago, Álvaro Pérez, recoñecido chef cunha traxectoria que inclúe hoteis de cinco estrelas e o prestixioso restaurante El Bulli nos seus anos dourados, revelou os detalles do seu fascinante viaxe culinario a través de ArteSana, na Avenida de Ferrol, 9 do barrio de Conxo.
Despois dunha carreira que o levou a través de distintos recunchos gastronómicos do mundo, desde Londres até ás cociñas de Ferran Adrià no Bulli, Pérez decidiu volver ás súas raíces en Galicia. En busca da liberdade en todas as súas formas, optou por abrir o seu propio negocio, un lugar onde puidera plasmar a súa visión única: ArteSana Gastrobar.
Cunha traxectoria de doce anos, ArteSana consolidouse como un referente na escena culinaria local. Recentemente, Pérez e o seu equipo foron galardoados co Premio á Mellor Tapa Tradicional no XV Concurso Santiago(É)Tapas, cun bocado chamado ‘Estamos como cabras’, nome que fusiona un dos pratos típicos deste barrio compostelán que, á súa vez, acolle as dependencias dun psiquiátrico. Unha tapa que nace despois do peche dun dos lugares emblemáticos de Conxo onde comer cabra e tras a perda da súa nai despois dunha longa enfermidade. «A miña nai preparaba a carne de cabra con moito cariño, nun domingo ou festivo, para toda a familia» e engade, con esta tapa «quixemos facer unha homanaxe ao barrio de Conxo».
Un novo recoñecemento que celebra a excelencia e a creatividade na cociña galega e o alto nivel da restauración en Compostela. Este triunfo catapultouno de novo a representar a capital galega no Concurso de Tapas de Galicia, un honor que subliña a calidade da súa proposta gastronómica.
Asegura que durante todos os días do Concurso fixeron «pleno» no local, lembrando que de todas as notas que o xurado e público deron nesta edición, a puntuación máis alta foi para ArteSana.
Cando se lle pregunta sobre o segredo detrás do éxito de ArteSana, Pérez lembra un titular que encapsula o espírito do seu establecemento: «O local perfecto para ter no baixo da casa». Esta frase resume a filosofía detrás de ArteSana, un lugar acolledor onde a tradición se fusiona coa innovación, creando unha experiencia culinaria inigualable.
Coa súa paixón pola gastronomía galega e a súa habilidade para (re)inventar pratos únicos, Álvaro Pérez continúa deixando a súa pegada na escena culinaria, demostrando que o verdadeiro arte culinario está arraigado na paixón, a dedicación e o amor polos sabores locais.
A entrevista completa no seguinte enlace.
Escrito por Líder Redacción
alvaro perez artesana compostela concurso gastronomia radio lider santiago santiago Tapas
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)