AD

Comarca

Boiro destina 227.325 euros en subvencións directas a clubs para a promoción do deporte

today28 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

Boiro, 28 de setembro de 2026.- O Concello de Boiro destina 227.325 euros en subvencións nominativas directas a clubs e entidades deportivas do municipio para a práctica da súa actividade. O alcalde, José Ramón Romero, asinou esta mañá os primeiros convenios.

Preto de 30 clubs e entidades deportivas obteñen unha subvención nominativa que ten como obxecto sufragar os gastos xerais do club en canto a arbitraxes, material deportivo ou equipamentos, así como a celebración de probas deportivas ou a participación nas mesmas.

Estes convenios permiten ás entidades dispoñer de apoio económico para o desenvolvemento dos distintos programas e actividades deportivas que levan a cabo ao longo do ano. “Estes convenios son unha mostra mais do compromiso do Concello de Boiro co deporte local, non so aportando en subvencións directas senón tamén nas inversións que se realizan na mellora das instalacións deportivas”, recoñeceu o alcalde

O Concello de Boiro aumentou de xeito significativo no últimos anos a cantidade que destina ás entidades deportivas para o gasto corrente e participación en probas deportivas, así como a organización de eventos deportivos no municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *