Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 septiembre, 2026
28 de setembro de 2026.- Un total de 23 persoas tomaron parte na primeira edición da Romaxe a Santa Minia, unha andaina guiada duns 7 quilómetros que partiu de Bastavales e rematou na Capela de Santa Minia coincidindo coa celebración da romaría. Unha actividade gratuíta organizada polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación da Coruña, Latexos de Turismo e a asociación Daquí Darredor.
A expedición saíu ás 10:00 da mañá do venres 26 do adro de San Xián de Bastavales, facendo paradas no adro de Santa María do Ánxeles, no Espazo Colaborativo de Monte Balado ata chegar á Carballeira de Santa Minia xusto á hora do xantar. En cada parada, Manoele de Felisa foi o encargado de poñer a nota musical, ben coa súa guitarra, ben coa pandeireta.
“Trátase dunha iniciativa para recuperar aquela tradición dos nosos devanceiros de chegar camiñando a Santa Minia, coñecendo o territorio e gozando da música ao longo do percorrido”, explica Guarina Rey, concelleira de Promoción Económica e Turismo.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)