Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 noviembre, 2023
Arzúa 24 de novembro de 2023.- EspadELA: Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural nace en 2018 impulsada pola cooperativa Arabías da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña.
A cooperativa Arabías é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola posta en marcha de proxectos centrados na igualdade, no feminismo e na transformación social.
EspadELA xorde para crear espazos de traballo colectivo onde pensar e construír xuntas. A primeira, segunda, terceira e cuarta edición da escola desenvolveuse nos municipios de Arzúa, Ordes, Betanzos, Moeche, As Pontes, Valdoviño, Cabanas, Cambre e Carral obtendo altos niveis de participación e satisfacción por parte das mulleres participantes.
Este setembro iniciou a quinta edición de EspadELA. O programa desenvólvese nas localidades de Boiro, Touro, Arzúa e Santiago de Compostela até o mes de decembro.
Arzúa acollerá as Xornadas Feminismos, coidado e ruralidades e a inauguración dunha exposición fotográfica onde participan tres veciñas coidadoras de localidade.
As xornadas terán lugar o venres 1 de decembro ás 16:30 na Capela da Madalena.
A inauguración da exposición fotográfica terá lugar o venres 1 de decembro as 19h na Capela da Madalena de Arzúa.
A axenda do evento é a seguinte:
16:30 a 17:00 Presentación de EspadELA por parte das socias traballadoras de Arabías e representantes do Concello de Arzúa.
17:00 a 18:00 Obradoiro de (auto)coidados dinamizado por Noelia Darriba e Naiara González.
18:00 a 19:00 Conversa a dúas voces sobre coidados con dereitos.
Asociación Mobilidade Humana
Laura Bugallo activista transfeminista e sindicalista da CIG.
Será necesaria a inscrición previa para o obradoiro e conversa, máis abriremos a libre participación para a inauguración da exposición ás 19:00.
A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2), chamando ao 981 501 101 ou nesta ligazón.
As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 1 de decembro ás 14:00.
A formalización da inscrición deberase facer en: cim@arzua.gal ou no teléfono 981500000. Ext.121 (de 10:00 a 13:00 horas).
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)