AD

Comercio

Arzúa celebrará o 8 de decembro o Día do Comercio Local

today24 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

O Concello de Arzúa organiza o Día do Comercio Local que se celebrará o venres, día 8 de decembro. Unha vez confirmada a participación de 24 establecementos, a concelleira de promoción económica e o técnico de cultura deron onte a coñecer a programación nunha reunión mantida cos responsables dos establecementos participantes.

O técnico de cultura, Marcos Pampín, informou ás persoas asistentes da programación de actividades artellada para esta edición e de todas as novidades preparadas para esta ocasión. Así, aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, o Concello organiza varias actividades na rúa que se poderán desfrutar de xeito gratuíto durante todo o día e para todos os públicos.

A concelleira responsable da área de promoción económica, Begoña Balado, manifestou que “desde o goberno local quéreselle dar continuidade a este evento e impulsalo dotándoo de máis orzamento e con novas propostas arredor del”. Tamén lles quixo transmitir que se está a traballar “en novas iniciativas de dinamización comercial e de apoio ao comercio de proximidade con diferentes accións a desenvolver no vindeiro ano 2024”. Ademais, Balado escoitou as ideas, inquedanzas e propostas dos participantes presentes na xuntanza.

Día do Comercio Local 2023

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES E PROMOCIÓNS:

PERFUMERÍA CHORIMA: Descontos variados
10:00-14:00 / 17:00-20:00

A TENDA DAS DE BURRES: 10% de desconto en parkas e xerseis de muller e home
9:30-14:00 / 17:00-19:30

ARROUPADIÑOS: 20% de desconto
10:00-14:00 / 16:30-20:00

MITATA: 20% de desconto
11:00-14:00 / 16:00-20:00

ESTRENAS ZAPATERÍA: 10% de desconto en zapatillas de casa, 20% en toda a nova colección e 50% en artigos seleccionados
10:30-21:00 (horario continuo)

MISS ZAPATOS: 40% de desconto en modelos seleccionados, 20% de desconto en colección e 10% en zapatillas de casa e marca Chiruca
10:30-14:00 / 17:00-20:30

LENY: 20% de desconto
10:00-14:00 / 17:00-20:00

COMERCIAL ALFONSO SOUTO: 10% de desconto en menaxe de cociña e ofertas en produtos seleccionados
10:00-13:30

LIBRERÍA OS PICARIÑOS: Descontos dende o 20% ata o 50% en artigos seleccionados (xogos, mochilas, pinturas, agasallos…)
9:00-14:00

CEMPÉS: 20% de desconto en complementos
10:00-13:30 / 17:00-20:00

MODA SARI: 20% de desconto
10:30-14:00 / 16:30-20:00

MÍA MARÍA STORE: Desconto do 20% en toda a colección e un 30% en mercas superiores a 100 euros
10:30-14:00 / 17:00-20:00

BOUTIQUE ANDURIÑA: 20% de desconto en tempada e zona outlet con descontos do 50% ao 70% (con roupa de inverno e verán)
10:30-14:00 / 17:00-20:00

CAROLA MODA: Sorteo de dous vales de 30 euros
10:00-14:00 / 17:00-20:00

CALZADOS IGLESIAS: A promoción será publicada nas redes sociais do propio establecemento nos días previos
10:30-14:00 / 16:30-20:00

MODA LAGE: 20% de desconto
9:00-14:00 / 16:00-20:30

ALCA JOYEROS: 10% de desconto en reloxería, 15% de desconto en artigos de xoiería e agasallo; e ata un 70% en artigos sinalados
10:00-14:00 / 17:00-20:00

DEPORTES LÓPEZ: Descontos a partir do 20%
10:00-14:00 / 16:00-20:30

VADI MODA: 20% de desconto
10:00-16:00 (horario continuado)

ARZUGRÁFICA: Sorteo entre todas as mercas do día
11:00-17:00 (horario continuado)

KITAKUXA ARTESANÍA: Sorteo entre todas as mercas do día
11:00-17:00 (horario continuado)

LIBRERÍA DIAZ: 20% de desconto en diccionarios de galego, castelán e inglés
10:00-13:30

LIBRERÍA ANAGRAMA: 10% en papelería e xoguetes
10:00-13:30 / 16:30-20:00

MD LENCERÍA E FOGAR: Sorteo de dous bonos de 30 euros
10:00-14:00 / 17:00-20:00

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:
12:00 – 14:00h | Rúas da vila
ANIMACIÓN DE RÚA: GRUPO DE GAITAS LUAR DAS AUGAS

16:00 – 20:00h | Praza de Galiza
INCHABLES
BÓLA DE NEVE XIGANTE (Saca a túa foto no interior!)
CARRIÑO DE FLOCOS DE MILLO

19:30h | Praza de Galiza
LANZAMENTO DE NEVE artificial

20:00h | Praza de Galiza
GRAN SORTEO DE AGASALLOS!
SORTEAMOS UN QUEIXO GRANDE, UN SMARTWATCH, UNHA CAFETEIRA E UNHA TABLET
Consegue as rifas mercando nos establecementos participantes e deposítaas na urna situada na Praza de Galiza. O sorteo realizarase de forma presencial.
Bases AQUÍ

20:15h | Praza de Galiza
DISCOTECA MÓBIL DUENDENETA

*En caso de mal tempo, algunhas actividades poderán sufrir modificacións que serán anunciadas nas redes sociais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%