AD

Comarca

Arzúa lanza unha campaña para fomentar a recollida dos excrementos dos animais

today16 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • A iniciativa, impulsada pola Concellería de Medio Ambiente e Benestar Animal, inclúe elementos de sinalización en zonas verdes e dispensadores de bolsas dispoñibles no Concello

O Concello de Arzúa vén de poñer en marcha unha campaña de sensibilización centrada na recollida dos excrementos dos animais de compañía, co obxectivo de mellorar a convivencia e manter en boas condicións os espazos públicos.

A iniciativa enmárcase dentro da campaña “Arzúa é de todas e de todos!”, o lema baixo o que o Concello impulsa accións de concienciación dirixidas a mellorar a convivencia, fomentar a responsabilidade individual e coidar entre todas e todos os espazos comúns.

O concelleiro de Benestar Animal e Medio Ambiente, Daniel Moscoso, presentou a campaña acompañado do coñecido chef arzuán Óscar Miranda e o seu can Dux, quen quixo sumarse a esta iniciativa amosando tamén o seu compromiso e concienciación coa importancia do benestar animal e da tenza responsable.

A campaña inclúe a colocación de elementos de sinalización en espazos verdes e zonas axardinadas, así como a posta a disposición da veciñanza de dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos caninos, que poderán recollerse no Concello.

Segundo explicou Daniel Moscoso, “trátase dunha cuestión de convivencia e de respecto polo espazo público. Pequenos xestos como este marcan a diferenza no día a día do noso concello”.

Desde o Concello faise un chamamento á colaboración da veciñanza para manter Arzúa limpa e coidada entre todas e todos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *