AD

Comarca

Arzúa oferta unha excursión a Monterrei dentro do programa Coñece o teu país

today19 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Arzúa, 19 de setembro de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro sábado día 28 de setembro a cuarta e última excursión do programa Coñece o teu país para este ano.

Así, de maneira totalmente gratuíta, o Concello ofertou un total de catrocentas corenta prazas e organizou saídas aos municipios de Ares, Mugardos, O Saviñao e Pontevedra rexistrando en todas elas un grande éxito.

Como de costume, no mes de setembro, a provincia ourensá é o destino dun cento de arzuáns e arzuás que este ano coñecerán máis de preto os municipios de Monterrei e Verín. En concreto visitarase o castelo de Monterrei, o manantial de Cabreiroá e haberá tempo para xantar na vila de Verín.

As inscricións comezarán mañá, venres día 20 de setembro, e segundo indicacións do Departamento de Cultura, cada persoa interesada poderá anotar como máximo a un acompañante.

As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición. Todas aquelas persoas que desexen apuntarse poden facelo de maneira totalmente gratuíta no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30h e as 14:30h.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%