AD

Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

today2 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • O stand ofrecerá degustacións de Queixería Barral, Queixería Verbas, Galmesán, Casa Donicio e Erika Mel durante as catro xornadas da feira

Arzúa, 02 de xuño de 2026.- A Concellería de Turismo de Arzúa participará desde este xoves e ata o domingo na 48ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, reafirmando así a súa aposta pola promoción turística e dos produtos locais nun dos grandes escaparates multisectoriais do noroeste peninsular.

Arzúa contará cun stand propio no que, ao longo das catro xornadas da feira, se dará a coñecer todo o que ofrece o municipio como destino turístico, enclave estratéxico no interior de Galicia e paso fundamental do Camiño de Santiago. O espazo servirá tamén para poñer en valor a riqueza paisaxística, patrimonial e gastronómica da vila.

Durante estes días ofreceranse degustacións de produtos de empresas arzuás como Queixería Barral, Queixería Verbas, Galmesán, Casa Donicio e Erika Mel, permitindo aos milleiros de visitantes da feira descubrir algúns dos sabores máis representativos do municipio.

O stand contará ademais con persoal da área de Turismo atendendo aos visitantes e ofrecendo información sobre os recursos turísticos, culturais, patrimoniais e naturais do municipio, así como das diferentes rutas, espazos naturais e propostas vinculadas á marca Arzúa Destino Verde.

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destacou a importancia de continuar levando o nome de Arzúa a unha cita destas dimensións. “A Semana Verde é un escaparate excepcional para mostrar todo o que temos en Arzúa. O ano pasado pasaron pola feira máis de 112.000 persoas e o stand de Arzúa foi un dos máis visitados, algo que nos anima a seguir apostando por esta cita para promocionar o noso municipio e atraer visitantes”, sinalou.

Balado puxo tamén en valor a aposta do municipio polo turismo sostible e de natureza. “Arzúa Destino Verde representa perfectamente o que somos: un lugar no corazón de Galicia no que se unen o Camiño de Santiago, a paisaxe, a gastronomía, o patrimonio e a tranquilidade do rural. Queremos que quen visite o noso stand descubra todo o que pode ofrecer Arzúa durante todo o ano”, afirmou.

A edil destacou ademais a importancia de dar visibilidade ao tecido local nun evento destas características. “Temos produtos de enorme calidade e empresas que son un orgullo para Arzúa. Esta feira permítenos amosar todo ese potencial diante de milleiros de persoas chegadas de distintos puntos nacionais e internacionais”, explicou.

Con esta nova participación na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, Arzúa reforza a súa proxección como Arzúa Destino Verde, apostando por un modelo turístico sostible vinculado á natureza, á gastronomía, ao Camiño de Santiago e á promoción do produto local.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *