AD

Actualidad

As Cancelas reparte máis de 2.000 € en premios no seu San Valentín máis doce

today9 febrero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Do 9 ao 14 de febreiro, os clientes do centro comercial poderán conseguir premios directos coas súas compras como escapadas románticas, entradas de cine e caixas de bombóns

Ademais, As Cancelas pon en marcha un xogo online no que os participantes terán que unir as parellas máis famosas do cine para entrar no sorteo dunha escapada romántica para dous

Como cada ano, o centro comercial As Cancelas prepárase para celebrar San Valentín cos seus clientes por todo o alto. Por iso, o centro comercial propúxose repartir máis de 2.000 euros en premio e conmemorar, deste xeito, a data máis romántica do calendario.

Os días 9, 10, 12, 13 e 14 de febreiro, todos os visitantes de As Cancelas están invitamos a participar no xogo ‘O frechazo máis doce’. Escapadas románicas para dúas persoas, entradas de cine ou caixas de bombóns, con algunhas das sorpresas que lles esperan aos visitantes do centro comercial compostelán.

Todos aqueles que desexen participar, terán que presentar un ticket de compra de 20 euros ou máis no stand, localizado na planta baixa do centro, escoller dous dos corazóns do panel de xogo e comprobar se son parella. Se os corazóns escollidos son iguais, os participantes só terán que completar un sinxelo formulario para descubrir ao instante se levan premio directo. Se non o conseguen, non marcharán coas mans baleiras, porque levarán una piruleta con forma de corazón como regalo.

O stand estará dispoñible os días 9 e 10 de febreiro, en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e de tarde de 16:30 a 20:30 horas; mentres que os días 12, 13 e 14, poderase participar na promoción de 16:30 a 20:30 horas.

O centro comercial tampouco se esquece dos seus clientes dixitais e pon en marcha un xogo online na súa páxina web www.ascancelas.es, no que a participación estará aberta a todo o mundo. Para participar, tan só será necesario completar un formulario e relacionar as parellas máis famosas do cine. Entre todos os participantes realizarase un sorteo final dun cofre experiencia valorado en 200 euros.

“En As Cancelas encántanos sacar o espírito romántico que levamos dentro e celebrar esta data con todos os nosos clientes e cunha chea de agasallos”, comenta Javier Nicolás Blanco, xerente de As Cancelas. “Este ano, tiramos a casa pola ventá e repartiremos máis de 2.000 euros en premios durante a nosa campaña de San Valentín”, conclúe.

Punto Selfie especial San Valentín

Para seguir coa ambientación romántica, desde o centro comercial As Cancelas habilitouse un novo Punto Selfie na planta baixa decorado con motivos de San Valentín e baixo o lema ‘Dillo con bicos’.

Todo o que queira poderá pasarse ata o 18 de febreiro para sacar a súa foto de celebración deste dia e, se a comparte nas súas redes sociais mencionando ao centro comercial, entrará no sorteo dunha escapada romántica para dous valorada en 120 euros.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%