AD

Actualidad

As decoracións de Agroesparís e de Café Rafa gañan o primeiro certame Adorna Rois no Nadal

today19 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • A casa de Marisol Guerra, en Seira, triunfa na categoría de vivenda unifamiliar e a AA VV de Ribasar na de rede asociativa
  • Quedan segundos a perruquería O salón de Silvia e a casa de Julia Vigo
  • Os premios entregaranse este mércores no local veciñal do Sisto

19-12-2023. Rois. As propostas decorativas de Agroesparís, na categoría de negocio; do Café Bar Rafa, na de hostelería; da casa de Marisol Guerra, na de vivenda unifamiliar; e do local social da Asociación de Veciños de Ribasar, na de colectivos, resultaron gañadoras do concurso Adorna Rois no Nadal unha vez contabilizados os Gústame que as súas fotografías recibiron no Facebook do Concello de Rois.

Os premios esténdense tamén aos segundos clasificados, neste caso A perruquería O salón de Silvia, na categoría de negocio; e Julia Vigo, do lugar de Tourís (Sorribas), na de vivenda unifamiliar.
A Asociación de Veciños de Ribasar, como vencedor na categoría da rede asociativa municipal, será a protagonista do vídeo coa que o Concello felicite as festas de Nadal e recibirá tamén 200 euros. O resto dos premiados serán agasallados cun lote de produtos.

A entrada dos premios efectuarase este mércores, 20 de decembro, ás 19.900 horas no local veciñal do Sisto en Ribasar.

Adorna Rois no Nadal é unha iniciativa que estrea este ano o Concello de Rois para animar a toda a veciñanza a animar casas e rúas nestas festas.

Relación de propostas premiadas:

Comercio/negocio:

O mellor adorno de Nadal é o teu sorriso. Presentada por Mercedes López Bellés, do Comercio Agroesparís en Urdilde.

Silvia no Nadal. Presentada por Silvia Pena Lago da perruquería O salón de Silvia.

Hostelería:

A de Rafa participa no Nadal de Rois. Presentada por Valeria Simoes Cesario do Café Bar Rafa, na Peruca (Seira).

Vivenda unifamiliar:

Seira co Nadal. Presentada por Marisol Guerra Morono, do lugar de Seira.

Nadal no rural. Presentada por Julia Vigo Lapido, do lugar de Tourís (Sorribas).

Rede asociativa do Concello de Rois:A luz do Nadal en Ribasar. Presentada pola AAVV de Ribasar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%