AD

alvaro

6999 Resultados / Página 28 de 778

Fondo
AD

Destacado

La Xunta proyecta un aparcamiento de 1.500 plazas para el CHUS y un estacionamiento provisional durante las obras

La Xunta ha dado un nuevo paso en la transformación del entorno del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) al presentar al Ayuntamiento una propuesta que contempla la construcción de un aparcamiento de aproximadamente 1.500 plazas, acompañado de una mejora integral de los accesos y de la movilidad en el recinto sanitario. Mientras se ejecuta la infraestructura definitiva, el Ejecutivo autonómico plantea habilitar un estacionamiento provisional con capacidad para unas 500 plazas, con el objetivo de reducir los problemas de […]

today30 junio, 2026

Actualidad

Santiago abre o prazo de solicitude das bolsas de comedor escolar, material e extraescolares

O prazo para solicitar as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares estará aberto desde mañá 1 de xullo ata o 14 de xullo, unha vez publicada hoxe a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O Concello de Santiago destina a estas axudas 1.150.000 euros, 50.000 euros máis que no curso pasado. Tal e como explica a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, “o oxbectivo é seguir reforzando unhas bolsas que son unha das principais ferramentas das […]

today30 junio, 2026

Comarca

Case un milleiro de menores participarán nos programas de verán da Estrada

O Campamento de Verán que organiza Servizos Sociais atende 475 e o Campus Deportivo outras 418. A elas súmase o Espazo Concilia, que pasa ao horario de verán e terá 46 prazas, quedando seis aínda libres. A todas elas haberá que engadir as correspondentes cos Campamentos no Mar, con outras 52 prazas para campistas de entre 8 e 16 anos. A Estrada, 30 de xuño de 2026.- Co arranque do mes de xullo, o Concello da Estrada activará o Campamento […]

today30 junio, 2026

Comarca

Arzúa convida a descubrir os segredos da eclipse solar cunha charla e un obradoiro

A actividade, organizada pola Concellería de Turismo, celebrarase o sábado 4 de xullo na antiga Casa de Correos e permitirá coñecer as claves do fenómeno astronómico que poderá observarse o vindeiro 12 de agosto A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, organiza o sábado 4 de xullo a charla "A eclipse das nosas vidas" e un obradoiro práctico, dúas actividades abertas ao público para descubrir por que a eclipse total de sol do próximo 12 […]

today29 junio, 2026

Comarca

Os maiores de Brión celebran unha festa para pechar a temporada de baile

Máis de medio cento de maiores participaron na gran festa de peche da temporada 2025-2026 dos Bailes dos Domingos do Concello de Brión. Unha gran festa que tivo lugar no centro social polivalente brionés e que serviu de despedida ata primeira semana de outubro, cando se volverán retomar estas xornadas para o curso 2026-2027. Os maiores de Brión quixeron volver facer un guiño ao final de temporada. Se o pasado ano participaran vestidos totalmente de branco, desta vez a consigna […]

today29 junio, 2026

Comarca

«Pechamos»: Ames visualizará por un día como serían as súas rúas sen comercio local

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) promoverá o vindeiro 30 de xuño a campaña «Pechamos», unha acción simbólica e de gran impacto visual coa que pretende reivindicar o papel do comercio de proximidade como motor económico, social e humano do municipio. A iniciativa desenvolverase na antesala das rebaixas de verán, unha das épocas de maior actividade para o sector, e consistirá en cubrir temporalmente os escaparates dos establecementos participantes para simular que permanecen pechados. O obxectivo é convidar á […]

today29 junio, 2026

Actualidad

A caída das pernoctacións e a taxa turística centran o último Hai Debate da tempada

O turismo volveu situarse no centro do debate político municipal. O programa Hai Debate, de Radio Líder Santiago, despediu a tempada cunha análise sobre a evolución do sector na capital galega, marcada polos últimos datos de visitantes e pernoctacións, a recente implantación da taxa turística e os retos que deberá afrontar a cidade de cara ao Xacobeo 2027. Os representantes dos catro grupos con presenza no Concello coincidiron en subliñar que o turismo continúa a ser un dos principais motores […]

today29 junio, 2026

Actualidad

O sacerdote padronés Roberto Martínez toma posesión como cóengo da Catedral de Santiago

O sacerdote padronés Roberto Martínez Díaz tomou posesión este domingo como novo cóengo da Catedral de Santiago nun acto solemne presidido polo arcebispo de Santiago, monseñor José Prieto, ao que asistiron arredor de 200 veciñas e veciños de Padrón para arroupar ao párroco nesta nova etapa. A representación institucional estivo encabezada polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado da concelleira Marilo Saco Vigo e doutros membros da Corporación municipal, que quixeron trasladarlle persoalmente os seus parabéns. Na mesma cerimonia tamén […]

today29 junio, 2026

Deportes

Secho e a SD Compostela separan os seus camiños

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026. A SD Compostela e José Manuel Martínez Paz, Secho, separan os seus camiños unha vez rematada a tempada 2025/26, na que o conxunto compostelán acadou o ansiado ascenso a Segunda Federación a través do play off de ascenso. O técnico de Porto do Son pon fin á súa etapa á fronte do primeiro equipo despois dunha campaña marcada polo compromiso, o traballo e a capacidade para conducir ao cadro branquiazul cara ao […]

today29 junio, 2026

AD