Un motorista ferido tras sufrir unha caída ao atoparse cun xabaril en Oroso
Un motorista resultou ferido nas primeiras horas do xoves tras sufrir un accidente de tráfico no municipio de Oroso ao cruzárselle un xabaril na estrada. Segundo informou Protección Civil de Oroso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizou os servizos de emerxencia ata o lugar do sinistro. Como consecuencia do encontro co animal, o condutor da motocicleta perdeu o control do vehículo e acabou caendo sobre a calzada. Ata o punto desprazouse unha ambulancia do 061, cuxo […]