Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 septiembre, 2026
Brión, 21 de setembro do 2026.- O BNG de Brión organiza o próximo mércores, 23 de setembro, unha palestra sobre a situación de Palestina, coa participación de Ánxela Gippini Pose. O acto estará presentado pola concelleira do BNG Marta Romero e terá lugar ás 20:30 horas no Antigo Local Sindical Agrario de San Salvador Bastavales.
A palestra pretende achegar á veciñanza a realidade que se está a vivir en Palestina e, en particular, a situación na Faixa de Gaza, así como coñecer de primeira man o traballo de solidariedade e mobilización que se está a desenvolver desde o noso país.
A voz de Ánxela Gippini é habitual nas accións en apoio ao pobo palestino. Membro de Galiza por Palestina, é portavoz no noso país da Global Sumud Flotilla. Trátase dunha iniciativa civil e non violenta, con delegacións de 44 países, que busca romper o bloqueo de Gaza e abrir un corredor humanitario.
Durante o encontro abordaranse tamén os obxectivos e o funcionamento deste movemento internacional, así como a participación galega nas diferentes iniciativas de solidariedade con Palestina.
Convocatoria
— Data: mércores, 23 de setembro, ás 20:30 horas
— Lugar: Antigo Local Sindical Agrario de Bastavales (Brión). Localización: https://maps.
— Relatora: Ánxela Gippini Pose (Galiza por Palestina)
— Presenta: Marta Romero (concelleira do BNG de Brión)
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)