AD

alvaro

7234 Resultados / Página 5 de 804

Fondo
AD

Arte y Cultura

Santiago volve ser o epicentro da cultura urbana co festival Compostela Street

A concelleira de Xuventude, María Rozas, e os organizadores do Compostela Street, Pablo Castiñeira e Alberto Muíño, presentaron a segunda edición do festival que chega chea de música, arte urbana e deporte, e tamén con unha ampla oferta de ocio dirixida a todas as idades. A tenenta de alcaldesa lembrou que “o xerme deste certame é o Compostela Skate, que recuperamos en 2024 co apoio da Concellaría de Mocidade despois dunha década sen celebrarse en Santiago, desde o convencemento de […]

today18 septiembre, 2026

Actualidad

Ames acolle un monólogo solidario de Pepo Suevos a favor de Alcer Coruña

Trátase dunha xornada de humor e diversión pensada para todos os públicos que ten como obxectivo principal manter e impulsar as actividades de sensibilización que Alcer Coruña realiza no día a día en materia de doazón de órganos O evento, que se desenvolverá desde as 20.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, terá un carácter solidario a favor da doazón de órganos Ames, 18 de setembro de 2026.- O Concello de Ames, da man da asociación Alcer Coruña, organiza […]

today18 septiembre, 2026

Comarca

Arzúa celebra o Día Mundial do Turismo cunha fin de semana chea de actividades

A Concellería de Turismo organiza os días 26 e 27 de setembro unha programación especial que inclúe unha ruta pola Ermida da Mota, música na Praza da Vila e varias saídas do tren turístico Arzúa, 18 de setembro de 2026. A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa celebrará os vindeiros 26 e 27 de setembro o Día Mundial do Turismo cunha programación especial dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visiten o municipio durante esa fin de semana. […]

today18 septiembre, 2026

Actualidad

A outra vida do teu negocio: pequenos xestos para separar mellor os residuos no comercio

Caixas, envases, restos orgánicos, plástico, téxtiles, pilas... Cada día, detrás do mostrador, xéranse residuos moi diferentes. Saber que facer con eles é máis sinxelo do que parece e pode marcar unha gran diferenza. Ábrese a persiana. Chega o primeiro pedido da mañá. Desembálase a mercancía e, case sen decatarnos, xa temos diante os primeiros residuos do día: unha caixa de cartón, plástico de embalaxe e algunha etiqueta. Que facemos con eles? A pregunta parece pequena, pero multiplícase cada día nos […]

today18 septiembre, 2026

Actualidad

Heredeiros da Crus busca novo cantante para iniciar unha nova etapa

Heredeiros da Crus anunciou a apertura dun proceso para atopar un novo cantante que se incorpore á histórica banda galega. O grupo comunicou a decisión a través das súas redes sociais, despois de meses de reflexión sobre o seu futuro. A formación recoñece que se trata dun paso importante tras máis de 30 anos de historia, cun repertorio que forma parte da traxectoria vital de varias xeracións de seguidores. Heredeiros asegura afrontar esta nova etapa coa responsabilidade de respectar todo […]

today17 septiembre, 2026

Actualidad

O PSdG reclama solucións á falta de espazos deportivos e unha planificación a longo prazo

Marta Abal levará ao Pleno a elaboración dun Plan Director de Instalacións e Equipamentos Deportivos que permita coñecer as necesidades reais da cidade, optimizar os recursos existentes e planificar os investimentos dos próximos anos. Os socialistas reclaman que, mentres non se creen novos equipamentos, o Concello explore alternativas e fórmulas de colaboración con outras entidades para ampliar os espazos e horarios dispoñibles, tamén nas instalacións acuáticas. Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista […]

today17 septiembre, 2026

Comarca

Comezan as actividades formativas no Centro Multifuncional do Milladoiro

O Centro Multifuncional do Milladoiro, recentemente estreado, acolleu esta mañá o curso “Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica”, enmarcado dentro do Programa Integrado de Emprego que os Concellos de Ames e Brión desenvolven conxuntamente desde o pasado mes de xaneiro A concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz, explicou que “este novo espazo acollerá unha ampla variedade de cursos e actividades formativas co obxectivo de que a veciñanza de Ames […]

today17 septiembre, 2026

Actualidad

Youtubeiras+ lanza un novo galardón honorífico á traxectoria na creación dixital

O certame repartirá 7500 € entre as propostas gañadoras das sete categorías a concurso: Canle, Creación de contidos, Revelación, Calidade lingüística, Rede, Pódcast e Premio do Público Youtubeiras+ é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña As bases pódense consultar xa na web www.youtubeiras.gal. O prazo de inscrición está aberto ata […]

today17 septiembre, 2026

Destacado

Dos detenidos por tráfico de drogas tras una persecución en Boiro

17 de septiembre de 2026.- Efectivos de la Guardia Civil de Boiro han procedido a la detención de un varón de 56 años y una mujer de 36, ambos vecinos de la localidad, como presuntos autores de un delito contra la salud pública por tráfico de drogas, atentado contra agentes de la autoridad y sendos delitos contra la seguridad vial. La actuación ha permitido desarticular un punto de venta continuado de sustancias ilícitas a consumidores finales en el término municipal. […]

today17 septiembre, 2026

AD