AD

Deportes

Boiro acolle o XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro

today4 junio, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal (EFM na organización do XVII torneo de fútbol base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro que se celebra os días 6, 7, 13 e 14 en Vista Alegre. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Julio García, da EFM, e Eusebio Gómez, membro da organización.

O sábado 6 terá lugar pola mañá a final de alevín feminino, que será primeira vez que se celebra; e pola tarde a final de biberón. O domingo 7 terá lugar a final prebenxamin; o sábado 13 a final benxamin; e o sábado 14 a final de alevíns. “Participan nesta edición do torneo 120 equipos, o que vai supoñer o paso polas instalacións de entre 4 e 5 mil persoas durante as dúas fins de semana”, afirmou Eusebio Gómez.

Por parte da EFM agradeceron ás entidades colaboradoras que fan posible que este torneo se siga a celebrar e medre cada ano. O concelleiro de deportes Marcos Fajardo, deulle os parabéns á organización porque “Boiro é un referente a nivel deportivo gracias á implicación dos clubs e as entidades que, de forma altruísta, organizan eventos como este que redundan nun beneficio para o noso pobo”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *