AD

Actualidad

Boqueixón colabora coa Romaría do Pico Sacro na honra a San Sebastián

today12 enero, 2024

Fondo
share close
AD

Boqueixón, 12 de xaneiro de 2024.- O Concello de Boqueixón organiza dúas visitas guiadas e gratuítas ao Pico Sacro, que terán lugar na mañá do sábado 20 de xaneiro coincidindo coa celebración da Romaría do Pico Sacro na honra a San Sebastián, que organiza a Comisión de Festas da Granxa. Unha actividade para a que é preciso anotarse previamente chamando ao Departamento de Emprego, Formación e Turismo de Boqueixón (981 513 061) ou enviando un e-mail a boqueixonturismo@gmail.com.

As visitas ao Pico Sacro terán lugar ás 12:00 e ás 13:00 horas do sábado 20 de xaneiro. Terán unha duración de menos dunha hora e o punto de encontro será o aparcadoiro do Monte Ilicino. O cumio do Pico Sacro elévase maxestosamente sobre o val do Ulla alcanzando os 533 metros sobre o nivel do mar, o que permite unha das vistas panorámicas de maior extensión de Galicia. Ademais de ser unha peculiar montaña de cuarzo, é un monte de lenda pola súa vinculación á Traslatio dos restos do Apóstolo Santiago desde Palestina ata Compostela.

Paralelamente ás visitas, na contorna da capela de San Sebastián a Comisión de Festas da Granxa organiza unha nova edición da Romaría do Pico Sacro na honra a San Sebastián. Haberá misa na capela de San Sebastián ás 10:00, 11:00 e 12:00 horas. No exterior haberá polbo, churrasco e doces, todo ambientado coa música do grupo “No Deloiro”, da asociación cultural Mestre Manuel Gacio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%