Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 enero, 2024
O secretario xeral dos socialistas saíu este xoves ao paso das críticas dos conservadores que aseguraban que o acordo de orzamentos traía consigo unha subida de impostos. Algo “rotundamente falso” segundo Bouza que ironiza propondo unha “taxa por cada mentira do señor Verea”
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024. “A única anomalía democrática que temos en Santiago é que o Partido Popular siga sen asumir o resultado electoral e minta ás veciñas e veciños”. Con estas palabras, o secretario xeral dos socialistas en Santiago arremeteu este xoves contra o líder do Partido Popular, logo de que Borja Verea criticase o acordo de orzamentos asinado entre o PSOE e o bipartito. Unhas contas nas que, segundo os conservadores, inclúese unha subida de impostos dun 5%: “unha mentira absolutamente reprobable” asegura Bouza.
Desde as filas socialistas acusan ao Partido Popular de fomentar a crispación e de “enganar á cidadanía”, preguntándolle directamente a Verea se “descoñece o procedemento para subir impostos nun concello ou minte” xa que, segundo Aitor Bouza son as dúas únicas opcións que poderían explicar as declaracións do Partido Popular: “esa subida de impostos é inexistente, rotundamente falsa, o que igual nós imos ter que propoñer é unha taxa por cada mentira do señor Verea, ese si que vai ser un tarifazo, o tarifazo popular” afirmou responsable do PSOE local.
Bouza asegurou estar sorprendido polas declaracións do portavoz do PP “xa que critica un incremento duns impostos dun documento que asegura non ter”, posto que o Partido Popular asegurou que non lle fora remitido o borrador de orzamentos. “Debe ser o único veciño de Compostela que non ten o documento” ironizou o líder dos socialistas que lle lembrou ao portavoz dos conservadores que está dispoñible na páxina web dos socialistas.
“Que vai facer o señor Verea?”
Aitor Bouza preguntouse ademais pola postura que vai manter o Par2do Popular na votación dos orzamentos, tendo en conta que nel se inclúen as par2das para impulsar a comarcalización do parque de bombeiros, a rehabilitación de Vite e Santa Isabel, os campos de fútbol de Fática e Villestro ou as reurbanizacións de García Lorca, Ponte da Raíña, Mallou, Castrón Douro, Carlos Maside e Santiago de Chile: “vai votar en contra de todo isto? Dos investimentos no abastecemento do rural? Na reforma do pavillón do CEIP Lamas de Abade? Da cidade da raqueta?” preguntouse o secretario xeral dos socialistas.
“Está moi ben facer valoracións sobre a nada, para intentar confundir á opinión pública, pero sobre os acordos concretos, que ten que dicir o señor Verea?” interrogou Bouza que puxo en valor tamén o compoñente social dos orzamentos cun importante incremento da aportación ao Servizo de Axuda no Fogar, fronte a unha Xunta do Par2do Popular que “nos seus orzamentos re2rou a tarxeta básica a 1.100 composteláns”.
Lémbralle o líder dos socialistas que, como deputado, Borja Verea “votou a favor de retirar esta medida que permitía que as persoas vulnerables puidesen vivir dignamente e tiveran acceso a produtos básicos” e repróchalle ademais que votara en contra das emendas socialistas aos orzamentos que contemplaban melloras para a cidade: “o señor Verea aínda non explicou por que votou en contra dunhas iniciativas que defendían os intereses de Compostela”.
“Irresponsabilidade é o colapso das urxencias de Santiago: ese é o modelo do PP”
Ao fío das declaracións do Partido Popular que acusaban de irresponsabilidade ao Partido Socialista por acordar un proxecto de orzamentos para o ano 2024 co goberno local, Bouza criticou a situación de colapso que viven actualmente as urxencias de Santiago, nomeadamente o Hospital Clínico: “iso si é irresponsabilidade”.
Un “auténtico caos” que amosa “o modelo do Partido Popular” asegurou o secretario xeral dos socialistas en Santiago que esixiulle ao goberno de Alfonso Rueda “unha solución inmediata” xa que, insiste, “estamos ante un dereito que non pode ser renunciable por parte de ninguén”. Así as cousas, Bouza confía nun cambio de goberno para acadar tamén “un cambio neste tipo de políticas” xa que, explica, o colapso das urxencias explícase polos recortes de persoal na Atención Primaria.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)