AD

Destacado

Carmen Rivera ‘Carmucha’, veciña de Padrón, cumpre 107 anos

today29 noviembre, 2023

Background
share close
AD
  • O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira da Terceira Idade, Mariló Saco, visitaron á coñecida pementeira en nome da toda a veciñanza
  • O goberno local expresoulle a Carmucha os seus parabéns, destacando a súa admirable vida marcada por décadas de duro traballo, esforzo e dedicación

Padrón. 29-11-2023.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira da Terceira Idade, Mariló Saco, felicitaron en nome de toda a veciñanza a Carmen Rivera Magariños, coñecida como Carmucha, polo seu aniversario. A coñecida pementeira de Herbón cumpriu 107 años este martes 28 de novembro, e a visita converteuse nun emotivo encontro cheo de recoñecemento e afecto.

O alcalde padronés expresoulle a Carmucha as súas felicitacións, destacando a súa admirable vida marcada por décadas de duro traballo, esforzo e dedicación.

Anxo Arca eloxiou a contribución de Carmucha ao cultivo do pemento, actividade que forma parte da historia e da identidade de Padrón. A lonxevidade de Carmucha e o seu compromiso con este traballo convértena en testemuña da traxectoria deste produto durante os últimos anos.

A concelleira Mariló Saco uniuse aos parabéns, subliñando a importancia de preservar e honrar ás tradicións locais, así como o valioso papel de persoas como Carmucha na transmisión de coñecementos xeracionais sobre o pemento.

A visita, na que tamén estaban presentes os seus fillos Carmucha, Lourdes e Jorge, converteuse nunha fermosa homenaxe a unha vida dedicada ao traballo e ao enriquecemento da comunidade da vila de Padrón.

Carmucha é parte da historia de Herbón como pementeira e taberneira xa que, xunto ao seu marido, abriu no ano 1962 o bar Casa Dios e fundou unha marca propia, Pementos Carmucha, que mestura tradición e innovación na elaboración de produtos derivados do pimento.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%