AD

Actualidad

Case cen sancionados en Santiago por exceso de velocidade nunha concentración ‘tuning’

today29 abril, 2025

Fondo
share close
AD

A Policía Local de Santiago de Compostela propuxo case un cento de sancións durante un operativo especial realizado na noite do 25 ao 26 de abril con motivo dunha concentración de vehículos “tuning” nas inmediacións dos polígonos da Costa Vella e da Sionlla. En total, controláronse 210 vehículos na rúa de Castela e León, onde o límite de velocidade é de 30 km/h. A velocidade máxima rexistrada foi de 105 km/h e a media, de 38 km/h.

Dos 96 vehículos propostos para sanción, 19 superaban o límite en menos de 20 km/h, o que implica multas de ata 100 euros. Outros 36 circulaban entre 51 e 60 km/h (multas de 300 euros e retirada de 2 puntos), 25 entre 61 e 70 km/h (400 euros e 4 puntos), 10 entre 71 e 80 km/h (500 euros e 6 puntos) e 6 superaban os 81 km/h, enfrontándose a multas de 600 euros e retirada de 6 puntos.

Tamén se presentaron dúas denuncias a vehículos que se detiveron ao carón do cinemómetro para alertar ao resto de condutores.

Na mesma madrugada, a Policía Local desenvolveu controis de alcoholemia e drogas na Praza de Galicia e en Xoán Carlos I. Realizáronse 86 probas de alcol —con seis positivos— e catro de drogas —con dous positivos—. No marco deste dispositivo, tramitáronse tamén dúas sancións por condución neglixente, unha por condución temeraria e outra por circular sen sistemas de iluminación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *