Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 septiembre, 2026
O coworking Lab Barbanza do Concello de Boiro participa no Coworking Fest que organiza a Deputación da Coruña de xeito simultáneo en todos os espazos de traballo da provincia. En Boiro haberá actividades entre o 14 e o 18 de setembro no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento que o Concello ten en Espiñeira.
As actividades comezan con dúas xornadas de emprendemento para grupos de primaria e secundaria dos centros de ensino do municipio, unha proposta que busca achegar aos máis novos unha visión innovadora e responsable do emprendemento, fomentando no alumnado a aparición de novas ideas.
O mércores 16 terá lugar un obradoiro de podcasting para coworkers onde cada participante poderá valorar se esta ferramenta resulta útil para o seu proxecto empresarial, e no que aprenderán nocións básicas sobre o podcast e a organización do mesmo para dar a coñecer o seu negocio ou proxecto mediante esta ferramenta.
Xa o venres 18 terá lugar un evento aberto ao público xeral sobre aproveitamento de terras nomeado “O rural ten futuro” que consiste nunha charla práctica sobre alternativas para aproveitar terras agrarias e forestais e contará con dous obradoiros prácticos sobre reprodución de especies vexetais e sobre permacultura aplicada.
Esta actividade está deseñada por varios dos coworkers do Lab Barbanza e pensada para persoas propietarias de parcelas agrarias ou forestais, comunidades de montes, persoas emprendedoras, profesionais do sector e todas aquelas persoas interesadas en descubrir novas formas de transformar terras infrautilizadas nun recurso produtivo, sostible e xerador de valor para o territorio.
Máis info sobre os eventos e inscrición en redecoworking.pel.gal.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)