AD

Comarca

2577 Resultados / Página 16 de 287

Fondo
AD

Comarca

Chega o San Roque de Melide con Panorama, París de Noia, Satélites, Combo Dominicano e 9Louro

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, membros do equipo de Goberno e representantes da Asociación de Festas de San Roque presentaron esta mañá o cartel e o programa musical das Festas de San Roque, que se celebrarán do 14 ao 22 de agosto. As celebracións están organizadas pola Asociación de Festas de San Roque, co apoio do Concello de Melide e da Deputación da Coruña. O programa musical contará con algunhas das orquestras máis recoñecidas de Galicia, como Panorama, […]

today25 junio, 2026

Comarca

Todo listo no Parque do Pasatempo de Betanzos para o II Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda edición, seguindo coa súa aposta por traer ao Parque do Pasatempo de Betanzos a algún dos mellores nomes a nivel europeo do Stoner Rock e o Doom Metal, nun evento que terá lugar os próximos días 26 e 27 de xuño. Os festivaleiros comezan a chegar á vila provintes de todas partes da xeografía galega, Portugal e o resto do estado. O festival abrirá as súas […]

today25 junio, 2026

Actualidad

A choiva obriga a aprazar ao xoves 2 de xullo o especial de Radio Líder Santiago desde Boiro

As previsións meteorolóxicas obrigaron a modificar a data do programa especial que Radio Líder Santiago tiña previsto realizar desde Boiro con motivo das Festas do Verán 2026. Debido á choiva anunciada para este venres, o espazo emitirase finalmente o xoves 2 de xullo, mantendo o mesmo horario, de 10.00 a 13.00 horas, e a mesma localización, na Rúa Doutor Santos Mieites, xunto ao Mercado Municipal. O especial, conducido por Álvaro Veiga, achegará aos oíntes toda a información sobre as Festas […]

today24 junio, 2026

Comarca

Melide acolle esta fin de semana o XI Festival Motorock Milli Riders

O alcalde, José Manuel Penas, e a concelleira de Deportes, Ana Mosteiro, participaron na presentación dunha cita organizada polo Motoclub Melide Milli Riders coa colaboración do Concello Melide, 23 de xuño de 2026.- O alcalde de Melide, José Manuel Penas, e a concelleira de Deportes, Ana Mosteiro, participaron na presentación da XI edición do Festival Motorock Milli Riders, que se celebrará este venres 26 e sábado 27 de xuño no parque Rosalía de Castro. O evento está organizado polo Motoclub […]

today23 junio, 2026

Comarca

A Praza de Galicia, na Estrada, estreará este domingo a escultura da familia Castelao-Pereira

A elección do día e do lugar non é casual: este domingo cumpriranse 70 anos dende que o propio Castelao ofreceu neste mesmo emprazamento estradense un discurso histórico. Cun peso de 250 quilogramos, está fundida en bronce, cun tamaño de dous metros. Quedará colocada, no marco do Ano Cultural Virxinia Pereira, a carón da fonte. Tamén se instalará, gravada sobre un mapa de Galicia, a “Carta aos estradenses”, que o insignie galeguista escribiu na revista “Unión Estradense”. A Estrada, 23 […]

today23 junio, 2026

Comarca

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos no Monte Piquiño tras o incendio forestal

Nesta necrópole megalítica, de 40 hectáreas de superficie, están catalogadas 33 mámoas e 11 petróglifos, ademais dunha ruta homologada A rexedora municipal pediu celeridade na análise para poder empezar canto antes cos traballos de rehabilitación Teo, 23 de xuño de 2026.- A alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz, solicitoulle ao director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño, tras ser afectada polo paso do incendio forestal orixinado […]

today23 junio, 2026

Comarca

224 cacharelas arderán no concello de Ames durante a noite de San Xoán

O concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, destaca que “o San Xoán é unha festa con grande arraigo no concello de Ames, así o indica o número de solicitudes feitas ano tras ano. Trátase dunha noite que sempre se festexa, e proba diso é o número de solicitudes de cacharelas, que normalmente sempre supera as 200” Ademais, o concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral apela á responsabilidade da veciñanza “para cumprir as normas que se recollen no bando […]

today23 junio, 2026

Comarca

Padrón conta con novos planos adaptados para persoas con discapacidade visual

• A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa ONCE, enmárcase nas accións de mellora vinculadas á Q de Calidade Turística da Oficina de Turismo • Os 500 exemplares estarán dispoñibles para as persoas visitantes na oficina municipal, e tamén en diferentes puntos de interese turístico e en aloxamentos da vila Padrón.23.6.2026.- O Concello de Padrón acaba de incorporar novos planos turísticos accesibles dirixidos a persoas invidentes ou con dificultades de visión, adaptados mediante a incorporación de texto en braille e recursos […]

today23 junio, 2026

Actualidad

A Estrada celebra as festas de San Paio cun programa de máis de 50 actividades

Iván Lorenzo e Puri Areán, representantes da comisión organizadora, repasan os principais atractivos dun programa que combinará música, deporte, tradición e actividades para todas as idades, co pregón da agrupación estradense Tequexetéldere e un cartel musical encabezado por David Bustamante, Baiuca, Ortiga, 9Louro e as orquestras Panorama, Cinema, Gran Parada e Galilea A Estrada xa está preparada para vivir desde mañá unha nova edición das súas festas patronais de San Paio. Durante cinco días, do 24 ao 28 de xuño, […]

today23 junio, 2026

AD