AD

Comarca

2577 Resultados / Página 14 de 287

Fondo
AD

Comarca

«Pechamos»: Ames visualizará por un día como serían as súas rúas sen comercio local

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) promoverá o vindeiro 30 de xuño a campaña «Pechamos», unha acción simbólica e de gran impacto visual coa que pretende reivindicar o papel do comercio de proximidade como motor económico, social e humano do municipio. A iniciativa desenvolverase na antesala das rebaixas de verán, unha das épocas de maior actividade para o sector, e consistirá en cubrir temporalmente os escaparates dos establecementos participantes para simular que permanecen pechados. O obxectivo é convidar á […]

today29 junio, 2026

Actualidad

A Rapa das Bestas de Sabucedo estuda cambios nos horarios pola previsión de calor extremo

A Estrada, 29 de xuño de 2026. A previsión de temperaturas moi elevadas para a vindeira fin de semana levou ao Concello da Estrada, en coordinación coa Asociación Rapa das Bestas e Emerxencias A Estrada, a estudar posibles cambios nos horarios dos tres curros da Rapa das Bestas de Sabucedo co obxectivo de garantir a seguridade de asistentes e participantes. Aínda que a decisión definitiva non se adoptará ata o xoves, cando se dispoña de predicións meteorolóxicas máis fiables, unha […]

today29 junio, 2026

Comarca

O Goberno e Ribeira reforzan a coordinación para manter a seguridade no municipio

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo este luns unha reunión en Santiago coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para analizar a situación da seguridade no municipio e abordar as principais cuestións relacionadas coa coordinación entre ambas administracións. Durante o encontro, os dous responsables coincidiron en salientar a importancia da colaboración permanente entre o Goberno de España e o Concello de Ribeira para ofrecer unha resposta eficaz ás necesidades da veciñanza e seguir reforzando a protección cidadá. Pedro […]

today29 junio, 2026

Comarca

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

As medidas preventivas buscan manter o subministro para uso domiciliario e das explotacións gandeiras 29 de xuño de 2026.- O Concello de Frades vén de aplicar o Artigo 14J da súa Ordenanza Municipal de Abastecemento de auga para prohibir a utilización da auga municipal para encher piscinas, regar cultivos e xardíns, e outros usos similares. Unha medida tomada polo Concello para previr problemas de subministro de auga con motivo da chegada do verán e da vaga de calor. Dende o […]

today29 junio, 2026

Comarca

Teo inicia a campaña “Ti tes a chave” para impulsar o uso do colector marrón

A veciñanza dos núcleos urbanos recibirán información sobre os colectores marróns, darse de alta no programa e recoller o seu kit composto por caldeiro, bolsas compostables, chave e folleto informativo A poboación obxecto será a que habita no núcleo urbano onde existen edificios en verticalidade, así como os establecementos susceptibles de xerar materia orgánica Colocaranse 150 contedores marróns de forma progresiva a partir de mediados de xullo en diversos puntos dos núcleos urbanos Teo (A Coruña), 29 de xuño de […]

today29 junio, 2026

Comarca

A Estrada rende homenaxe aos docentes que se xubilan na segunda edición do Día do Mestre

O Concello da Estrada celebrará mañá a segunda edición do Día do Mestre, unha iniciativa creada para render homenaxe aos mestres e profesores que acceden á xubilación nos centros educativos do municipio. O acto terá lugar no MOME ás 13.30 horas. O recoñecemento está dirixido aos profesionais da ensinanza que se xubilan durante o presente curso académico. Para a organización deste evento, o departamento municipal de Educación contactou con todos os centros educativos da Estrada, incluídos colexios, institutos, o Conservatorio […]

today29 junio, 2026

Comarca

Boqueixón impulsa os “Tardeos no Pico Sacro” para potenciar o turismo e os produtos locais

O alcalde de Boqueixón e o chef lalinense Álex Iglesias presentarán esta iniciativa nun “Almorzo saudable” coa rapazada do Verán Activo Boqueixón, 29 de xuño de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentarán mañá martes 30 de xuño a iniciativa “Tardeos no Pico Sacro”. Unha presentación que terá lugar no aparcamento do Monte Ilicino ás 11:30 horas e no que tamén estarán presentes uns corenta nenos e nenas do programa de conciliación Verán Activo, […]

today29 junio, 2026

Comarca

Ames abre este mércores o prazo para renovar a solicitude de uso da Factoría

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Desde o día 1 ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría.  Na actualidade, 15 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de […]

today29 junio, 2026

Comarca

O BNG de Ordes esixe investigar a aparición de numerosas troitas mortas no río Cabrón

O Grupo Municipal do BNG de Ordes presentou un rogo ao alcalde para que o Concello investigue a aparición de numerosas troitas mortas no río Cabrón, á altura de Guindiboo de Arriba, así como no rego da Fraga, nas proximidades da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ordes. O portavoz municipal do BNG, Pablo Vidal Ríos, solicita que se determine a causa da mortaldade destes exemplares e que se comprobe se este episodio puido estar relacionado cun posible vertido […]

today29 junio, 2026

AD