AD

Comarca

2577 Resultados / Página 23 de 287

Fondo
AD

Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Pablo Lago pon en valor as xestións realizadas durante estes dous últimos anos e agradece o traballo feito polos traballadores municipais e o apoio dos veciños e veciñas de Brión, que respaldaron a petición con máis de 1.200 sinaturas 25 de maio de 2026.- O alcalde de Brión, Pablo Lago, celebra o acordo anunciado hoxe polo Consello da Xunta de declarar a Romaría de Santa Minia como Festa de Interese Turístico de Galicia. “Un obxectivo polo que o Goberno que […]

today25 mayo, 2026

Comarca

Rianxo convértese en plató de cinema coa gravación de “Operación Camarón 2”

A entrada de vehículos á Praza Castelao estará moi limitada a próxima semana debido á gravación da secuela da exitosa comedia producida por Telecinco Cinema e La Pepa Films. A Praza Castelao de Rianxo experimentará importantes restricións de acceso para vehículos durante a próxima semana con motivo da rodaxe de “Operación Camarón 2”, a nova produción cinematográfica impulsada por Telecinco Cinema e La Pepa Films. A gravación obrigará a limitar notablemente a circulación na contorna da praza, unha situación que […]

today25 mayo, 2026

Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde celebrou este domingo unha exitosa segunda edición, consolidándose como unha das citas deportivas e de promoción do territorio máis destacadas do municipio. A xornada reuniu preto de 400 participantes nun ambiente marcado polo deporte, a natureza, a convivencia e o gran ambiente vivido durante toda a mañá. O bo tempo acompañou ao longo de toda a proba, permitindo que os participantes desfrutasen dos diferentes percorridos e das paisaxes do municipio nunha xornada pensada […]

today25 mayo, 2026

Comarca

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas

A cooperación entre ambos corpos permitiu desmantelar dous puntos de venda de estupefacientes e deter a cinco persoas no municipio A Garda Civil, a través do Capitán Xefe da Compañía de Noia, trasladou unha felicitación oficial á Policía Local de Rianxo polo labor de colaboración prestado en materia de protección da seguridade cidadá e loita contra o tráfico de sustancias estupefacientes. Nos últimos meses, axentes da Policía Local participaron en diversos operativos coordinados coa Garda Civil que culminaron co desmantelamento […]

today25 mayo, 2026

Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

A praza do Concello de Brión acolleu este mediodía un minuto de silencio en sinal de dó polo tráxico falecemento dunha menor de idade este mércores no municipio. A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, deu paso ao minuto de silencio sen ningún tipo de intervención. O acto rematou cun sonoro aplauso. Entre as persoas presentes, ademais de veciños e veciñas do municipio, figuraban concelleiros dos tres grupos municipais de Brión (PSOE, PP e BNG); o alcalde de Ames, Blas […]

today22 mayo, 2026

Comarca

O programa ‘Goza do Ulla’ percorrerá 20 concellos ao longo do río

O Couto de Ximonde, no concello de Vedra, foi escenario hoxe da presentación oficial do programa Goza do Ulla 2026, unha iniciativa de promoción turística, cultural e económica que abrangue os 20 concellos polos que discorre o río Ulla, desde o seu nacemento en Antas de Ulla ata a súa desembocadura na ría de Arousa. O proxecto naceu no ano 2011 impulsado inicialmente por cinco concellos coa vontade de poñer en valor as potencialidades turísticas vinculadas ao río. Co paso […]

today21 mayo, 2026

Comarca

Recta final para a XXXII Festa Gastronómica de Galo de Curral

Participarán 20 criadores que forman parte da Asociación de Criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces Haberá unha degustación con máis de 500 racións de galo de curral, presentado en dúas versións, a tradicional con patacas e outra con fabas, cociñadas por José Antonio Asorey Torres, cada unha a un prezo simbólico de tres euros O Concello de Vila de Cruces poñerá en valor o galo de curral o domingo, 31 de maio, no día grande da XXXII […]

today21 mayo, 2026

Comarca

Comunicado: O Concello de Brión declara dous días de loito oficial

O Concello de Brión decreta dous días de loito oficial polo tráxico falecemento dunha menor de idade no día de onte no noso municipio. Durante ese período (21 e 22 de maio) as bandeiras exteriores do Concello de Brión ondearán a media hasta nos edificios municipais como símbolo de loito por este suceso. Así mesmo, o Concello de Brión convoca a todos os veciños e veciñas a gardar un minuto de silencio en sinal de dó mañá venres 22 de […]

today21 mayo, 2026

Actualidad

A TVG leva a Melide o primeiro casting televisado de ‘Recantos’

O auditorio do Centro Sociocultural Mingos de Pita de Melide acollerá o vindeiro 31 de maio unha das primeiras paradas de ‘Recantos: O Casting’, o novo formato da Televisión de Galicia que busca descubrir as mellores voces de Galicia para o emblemático espazo musical ‘Luar’. Por primeira vez na historia da TVG, os castings de ‘Recantos’ serán televisados, nun programa que contará cun xurado profesional formado por rostros coñecidos do panorama galego e coa presentación de Duarte Galbán como mestre […]

today20 mayo, 2026

AD