Arzúa encherase de música en agosto co ciclo En Aberto
Arzúa, 4 de agosto de 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza unha nova edición do ciclo de concertos En Aberto, integrado na programación cultural de verán. Ao longo do mes de agosto celebraranse catro actuacións ao aire libre na Praza de Galiza, todas elas ás 21:00 horas, con entrada libre e gratuíta. A programación arrincará este xoves, 6 de agosto, coa actuación de Sun Iou, unha banda galega nacida na área de Vigo e formada por […]