AD

Comarca

2577 Resultados / Página 6 de 287

Fondo
AD

Comarca

Arzúa reitera ao Ministerio a urxencia de mellorar a seguridade viaria na N-547

O Concello solicita por terceira vez unha reunión coa Dirección Xeral de Estradas e reclama medidas inmediatas para mellorar a seguridade viaria e reducir o tráfico de paso que soporta diariamente a travesía O Concello de Arzúa volveu solicitar unha reunión urxente coa Dirección Xeral de Estradas para abordar a situación da N-547 ao seu paso polo municipio e avanzar na adopción das actuacións necesarias para mellorar a seguridade viaria. Trátase da terceira comunicación formal que o Concello remite ao […]

today27 julio, 2026

Comarca

Vandalismo contra o Punto Limpo Móbil de Dodro

Os feitos tiveron lugar esta fin de semana e deixaron danados os equipos de recollida Dodro, 27 de xullo do 2026 – Unha vez máis o incivismo de algunha xente e o desprezo pola propiedade colectiva dana os servizos de todos. Esta fin de semana pasado tocoulle ao Punto Limpo Móbil do noso concello. Os equipos de recollida foron literalmente apedrados deixando marcas visibles e danos de distinta consideración. Uns feitos que só teñen como finalidade o mal xa que […]

today27 julio, 2026

Comarca

‘Caprichoso’ e ‘Dinamita’ gañan un multitudinario Derbi Asnal nas festas do Santiaguiño en Padrón

• Andrés Pérez, con ‘Caprichoso’, impúxose na modalide a pé, e Sergio Freire, sobre ‘Dinamita’, da modalidade a cabalo • Cheo no paseo do Espolón para ver unha proba que mantén viva unha tradición moi vinculada ás festas do Santiaguiño e a nosa cultura • A festa infantil e a actuación da A.C. Rosalía de Castro tamén congregaron numeroso público • O Festival Ultreia tomou a remuda pola noite coa actuación de Mondra e a sesión ‘Love the 90's & […]

today25 julio, 2026

Comarca

As festas do Santiaguiño reúnen milleiros de persoas en Padrón na tradicional romaría do monte San Gregorio

• Antonio Cajaraville e os irmáns Carlos e Uxío Beiró volveron encargarse de portar a imaxe do santo ata a capela do Santiaguiño, sumándose este ano a eles Juan Villamor • A animada procesión, con baile incluído, polas rúas da vila sorprendeu un ano máis a visitantes e a peregrinos • O alcalde, Anxo Arca, presidiu os actos xunto ao equipo de goberno padronés, destacando a excelente resposta da xente “na celebración que mantén viva unha das tradicións máis queridas […]

today25 julio, 2026

Comarca

José Manuel Dacosta e Isolina Martínez, pregoeiros do Ames en Festas 2026

Nesta edición do programa de festexos, no que xa se apostou pola continuidade de ofrecer servizos para que as persoas con discapacidade poidan gozar das festas do mellor xeito posible, os pregoeiros das festas manterán a esencia popular do ‘Ames en Festas 2026’ Isolina Martínez: “Estas festas sempre foron moi boas. Os Satélites, Pucho Boedo... sempre pasaron por aquí os mellores artistas” Ames, 24 de xullo de 2026 - O ‘Ames en Festas 2026’ conta xa os días para poñer […]

today24 julio, 2026

Comarca

Video | Ames réndelle homenaxe ao grupo de cantareiras As Maianas

A artista Felisa Segade foi a encargada en amenizar o acto coa interpretación de varias pezas musicais e o himno galego, xunto con, precisamente, As Maianas. Por outra banda, o acto estivo presentado pola xornalista e escritora Paula Señarís Ao longo do acto interviron o alcalde e mailas voceiras e voceiros dos diferentes grupos políticos da Corporación municipal Blas García: “O maior éxito das Maianas foi conseguir que moitas persoas volveran mirar a música tradicional con orgullo. Que moitos nenos […]

today23 julio, 2026

Comarca

Centos de persoas acuden á Festa da Madalena no Pino

Centos de persoas achegáronse este mércores, 22 de xullo, á área recreativa de Castrofeito, no concello do Pino, para participar un ano máis na tradicional Festa da Madalena, coincidindo co festivo local. A xornada relixiosa comezou coa recepción do funcionista xunto ao cruceiro, seguida da misa solemne e da tradicional procesión na honra da santa, acompañada musicalmente pola Charanga Os Celtas. Un dos momentos máis emotivos foi o relevo na custodia da imaxe da Madalena. A familia Bello, encargada de […]

today23 julio, 2026

Actualidad

Louzao anuncia un investimento histórico de 9,5 millóns para transformar o rural da Estrada

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, avanzou durante unha entrevista en Radio Líder Santiago que o Concello afronta unha das etapas de maior investimento nas parroquias do municipio, cun ambicioso paquete de actuacións que combina asfaltados, humanizacións e melloras da mobilidade. O rexedor sostivo que os próximos meses serán decisivos para cumprir o compromiso adquirido ao comezo do mandato de priorizar o rural, ao tempo que fixo balance das actuacións xa executadas e das que están en marcha. "Nestes 22 […]

today22 julio, 2026

Comarca

Chega ‘Mercamelide na Rúa’, o 7, 8 e 9 de agosto con grandes descontos e 1.500 € en premios

Melide, 21 de xullo de 2026. A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello do municipio, celebrará o venres 7, sábado 8 e domingo 9 de agosto o ‘Mercamelide na rúa’ en preto dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos nunha ampla variedade de artigos e 1.500 euros en premios. Nesta nova edición do ‘Mercamelide na Rúa’ participan 19 comercios de proximidade de diversos sectores que son: Stardemoda, Froitas Jose da […]

today22 julio, 2026

AD