AD

Comarca

2577 Resultados / Página 3 de 287

Fondo
AD

Comarca

A Estrada destina máis de 3 millóns de euros ao seu maior plan de asfaltados no rural

Trátase do maior investimento realizado ata o de agora nunha única quenda de asfaltados, cun incremento de preto dun millón de euros respecto ao último plan executado. O Concello prevé 116 actuacións e elevará a máis de cinco millóns o investimento na mellora da rede viaria municipal entre 2025 e 2026 O Concello da Estrada porá en marcha unha nova fase do plan de mellora da rede viaria municipal no rural cun investimento superior aos tres millóns de euros, a […]

today9 agosto, 2026

Comarca

Isolina Martínez clausura as festas da Peregrina: «Ames é un pobo moderno que medra e hai de todo»

Isolina Martínez: “Nunca pensei que con 88 anos iba ter a honra de dar o pregón das festas da Peregrina. Ames e Bertamiráns cambiaron moito, pero a min gústame moito máis o de agora. Un pobo moderno que medra e hai de todo” O alcalde, Blas García: “Isolina é un exemplo a seguir e representa o Ames de hoxe” Ames, 9 de agosto de 2026.- As festas da Peregrina de Bertamiráns puxeron este domingo o punto e final ao programa […]

today9 agosto, 2026

Comarca

Licítanse as obras de 79 novas vivendas no Milladoiro por valor de 14,7 M€

O inmoble terá cinco plantas e áticos, con fogares de 2, 3 e 4 dormitorios que terán eficiencia enerxética A. As obras terán un prazo de execución de arredor de 19 meses Blas García: “Estamos ante a primeira vivenda de construción pública que se vai facer no noso concello. O Concello de Ames é unha referencia e seguimos traballando para que non sexa a única” Ames, 7 de agosto de 2026 – Esta mañá, o alcalde de Ames, Blas García, […]

today7 agosto, 2026

Actualidad

Melide unirá historia, comercio e gastronomía co Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa

A vila ofrecerá do 7 ao 9 de agosto máis de medio cento de actividades, descontos en 19 comercios e un sorteo de 1.500 euros en premios. En Radio Líder Santiago, o tenente de alcalde e concelleiro da Área Económica, Xosé Igrexas, repasa as claves destas dúas citas. Melide vivirá do 7 ao 9 de agosto unha das fins de semana con maior actividade do verán coa celebración do Mercado Medieval e dunha nova edición do Mercamelide na Rúa. Ambas […]

today6 agosto, 2026

Comarca

A eclipse poderase ver en Ames nun 99,96% da súa totalidade

Para a correcta visualización da eclipse, no mes de xullo, o Concello de Ames puxo á disposición das persoas empadroadas no municipio un total de 2.000 gafas especiais homologadas. Nos próximos días distribuiranse 1.600 unidades máis As mellores localizacións para presencialo son o parque do Milladoiro, o miradoiro do campo da festa e usos múltiples de Bugallido e o miradoiro do Bosque do Peregrino, na aldea de Ventosa Ames, 6 de agosto de 2026 – O Concello de Ames será […]

today6 agosto, 2026

Comarca

Rianxo abre unha liña de axudas de 10.000 € para impulsar novas empresas e comercios

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publica este xoves a convocatoria das novas subvencións promovidas polo Concello de Rianxo co obxectivo de favorecer a creación de empresas e comercios no municipio durante o ano 2026. A iniciativa conta cunha dotación económica de 10.000 euros e está dirixida ás persoas emprendedoras que elixan Rianxo para iniciar a súa actividade empresarial. A convocatoria busca apoiar os primeiros pasos dos novos negocios, contribuíndo a dinamizar o tecido económico local e a […]

today6 agosto, 2026

Actualidad

Chega “Arzúa Camiña”, un novo ciclo de andainas para descubrir o municipio paso a paso

A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa pon en marcha a segunda edición do programa "Arzúa Camiña", unha iniciativa consolidada dentro da estratexia #DestinoVerde, que convida á veciñanza e ás persoas visitantes a descubrir o territorio a través de sete andainas guiadas, gratuítas e adaptadas a distintos niveis físicos. Tras o éxito da primeira edición, o programa regresa cun novo calendario que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro de 2026, percorrendo algúns dos espazos naturais, patrimoniais […]

today6 agosto, 2026

Comarca

Padrón declara dous días de loito oficial polo falecemento da concelleira Ana Belén Castro García

O Concello de Padrón lamenta profundamente o falecemento de Ana Belén Castro García, concelleira do Goberno municipal desde o ano 2023. Como mostra de respecto, recoñecemento e homenaxe á súa figura, o Goberno local decretou dous días de loito oficial. O alcalde, Anxo Arca, expresou o pesar de toda a Corporación municipal e destacou o firme compromiso de Ana Castro co servizo público e coa veciñanza de Padrón: "Padrón perde unha servidora pública enormemente comprometida co noso pobo. Unha concelleira […]

today5 agosto, 2026 2

Comarca

Rianxo aforrará máis de 100.000 € anuais no subministro eléctrico

O Concello de Rianxo aforrará máis de 100.000 euros anuais no custo do subministro eléctrico das instalacións municipais tras adxudicar o novo contrato á empresa Iberdrola Clientes S.A.U. A contratación realizouse a través do Acordo Marco da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), un sistema que permite ás entidades locais acceder a condicións máis competitivas e simplificar os procedementos administrativos. O contrato terá unha duración inicial dun ano e un importe de algo menos de […]

today4 agosto, 2026

AD