AD

Comarca

Xa hai data para a XXIII Carreira Pedestre Popular de Ames

today18 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo
  • O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse a través da web www.emesports.es cubrindo o formulario de inscrición

Ames, 18 de setembro de 2024.- O vindeiro 20 de outubro celebrarase a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que este ano alcanza a súa vixésimo terceira edición. A proba contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de outubro, ás 23:59 horas, e pode realizarse a través da web www.emesports.es cubrindo o formulario de inscrición. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

Inscricións na proba e retirada de dorsais

Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. As inscricións poderanse facer ata as 23:59 horas do mércores 16 de outubro, a través da páxina web www.emesports.es.

As persoas que desexen participar na proba absoluta (de sub20 en diante) terán que aboar unha cota de 7 euros. A inscrición para as categorías escolares (de pitufo a xuvenil) é de balde. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor/a xunto cun dorsal de competición. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (praza do Concello, nº 2, Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado 19 de outubro), en horario de 17:00 a 20:00 horas. Tamén se poderán recoller o propio día, ata media hora antes do inicio da proba.

Premios e trofeos

Os tres primeiros clasificados de cada categoría, así como os tres primeiros da proba absoluta, recibirán un trofeo. No caso da proba absoluta, o trofeo será entregado tamén ás tres primeiras persoas empadroadas no Concello de Ames que chegue á meta e os tres primeiros clubs clasificados.

Haberá tamén premios en metálico. Na proba absoluta o primeiro clasificado será galardoado con 250 euros, o segundo con 200 euros; o terceiro con 100 e o cuarto con 50 euros. Para os clubs federados o primeiro premio será de 250 euros, o segundo de 175 euros; o terceiro de 100 e o cuarto de 75 euros.

Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%