Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Arzúa 18 de setembro de 2024.- O Concello de Arzúa, a través dos seus Servizos Sociais Comunitarios, anuncia que o prazo para solicitar as Axudas de Apoio ao Estudo para o curso 2024/2025 estará aberto desde o xoves 19 de setembro ata o mércores 2 de outubro, ambos incluídos.
Estas axudas teñen como obxectivo principal facilitar o acceso á educación en igualdade de condicións, apoiando ás familias que, debido á súa situación económica, teñen maiores dificultades para afrontar os gastos escolares dos seus fillos e fillas. A través deste programa, o Concello de Arzúa busca compensar os custos derivados da escolarización e asegurar que todas as crianzas poidan comezar o curso con todo o material necesario.
Contía das axudas e gastos subvencionables
Cada familia poderá recibir 120 euros por cada alumno/a matriculado en educación infantil, primaria ou secundaria obrigatoria nalgún dos centros educativos do municipio. Estes fondos están destinados a cubrir diversos gastos escolares, entre os que se inclúen:
Como presentar a solicitude
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Arzúa ou de maneira presencial no Rexistro Xeral da Casa do Concello.
Para formalizar a solicitude, é preciso aportar a documentación requerida, que inclúe, entre outros, o DNI de todos os membros da unidade familiar, o libro de familia e a matrícula escolar do curso 2024/2025.
Máis información
Para consultar todos os requisitos completos, a documentación necesaria e outros detalles, as persoas interesadas poden acceder á información dispoñible no blog corporativo do Concello de Arzúa, arzua.gal.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)