Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A serie é unha coprodución entre a produtora galega Setemedia e a portuguesa Coral. Emitirase no primeiro semestre de 2025 na TVG, RTP e MAX (antes HBO MAX); e contará cunha distribución internacional nos principais mercados europeos.
Dodro, 19 de agosto de 2024 – Hoxe comeza en Rialiño, Dodro, a rodaxe da serie Lume, da produtora galega Setemedia e a portuguesa Coral. O filme aborda o tema dos incendios provocados en España e Portugal e está centrada na Galicia.
Lume está protagonizada por Cristina Castaño (Na Gloria, Toy Boy, La que se avecina), Albano Jerónimo (Rabo de Peixe, Vikingos), acompañados polos galegos Isabel Naveira, Xulio Abonjo e os novos talentos Grial Montes e David Rodríguez.
Este cativador eco-thriller de investigación política e ambiental foi escrito polo tándem internacional Irene Pin e Sara Rodi e apoiada nunha profunda investigación. A serie explora un ámbito impactante que nunca antes se tratou dunha forma que atraera a unha audiencia internacional.
Hoxe en Rialiño, Dodro, gravaranse escenas dunha evacuación dun pobo ameazado por lumes próximos. Haberá equipos de efectos especiais para simular o incendio dunha casa e numerosos extras e animais que deben ser rescatados. Nada disto sería posible sen a amable e inestimable colaboración dos veciños e da alcaldía que facilitan o bo desenvolvemento das gravacións.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)