Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 diciembre, 2023
A ocupación hostaleira para a ponte da Constitución e a Inmaculada (do 5 ao 10 de decembro) roldará o 60,27 %, de acordo coa enquisa realizada pola Asociación Hostelería Compostela.
Segundo datos achegados polos seus establecementos asociados, os días de maior afluencia serán o 8, día da Inmaculada, e o 9 (sábado), xa que moitos aproveitarán para prolongar as estancias ao fin de semana.
Aínda que non adoita ser unha boa ponte en Santiago, fronte a outras cidades galegas como Vigo que rozan o cheo, nesta ocasión e se se cumpren as reservas, a cifra de ocupación case dobrará a media do ano pasado, que se situou no 35%.
Como adoita suceder, os que teñen maior número de reservas son os hoteis con encanto e pensións situadas no centro histórico, roldando algunhas o 80% de ocupación. E aínda que a maioría móstranse cautos coas reservas de última hora, saben por experiencia que esa condición pode daráse «se o tempo axuda e se os hoteis doutras cidades próximas con máis tirón nesta data están saturados», tal e como sinala a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos.
Entre as razóns para non conseguir unha maior afluencia de visitantes nunha ponte tan importante atópase «a escasa programación cultural e de lecer que ofrece a cidade», especialmente comparándoa co despregamento que fan outras cidades», ademais da meteorolóxia, xa que «son uns días nos que hai boas ofertas para viaxar a climas máis cálidos antes do Nadal».
Proba do pouco atractivo que ten a capital galega nestas datas, é que moitos establecementos hostaleiros aproveitan esta época para pechar e prepararse de fronte ao final de ano e ao forte da campaña do Nadal.
Pola súa banda, o sector da restauración móstrase un pouco máis optimista, xa que «recollen os servizos de comidas e ceas dos que visitan a cidade aproveitando a proximidade con outras cidades, sen pernoitar nela». Os que o fagan poderán desfrutar xa da iluminación de nadal que comeza o 1 de decembro.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)