AD

Actualidad

Concerto solidario de tunos de Compostela en apoio aos afectados pola dana de Valencia

today20 noviembre, 2024

Background
share close
AD

 

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024.- Os tunos de Compostela únense para celebrar un concerto solidario a favor de Valencia que se celebrará o vindeiro 30 de novembro (sábado) no salón de actos do Colexio La Salle de Santiago ás 20 horas.

Veterana Tuna de Farmacia, Tuna de Veteranos de Medicina, Tuna de Derecho e Troyanos de Compostela integran o programa musical en apoio aos afectados pola Dana de Valencia.

Os participantes destacan que a tuna sempre foi unha institución solidaria con múltiples causas, ben por iniciativa propia ben porque foi convidada. “A música e os músicos, en xeral, distínguense polo seu carácter altruísta e benefactor. Tunos e troyanos sempre acudimos a actuar por iniciativa propia a centros sanitarios e de maiores en datas sinaladas, así como a outros encontros benéficos onde se nos convida a participar. Por tanto, ante a terrible traxedia acontecida nas terras mediterráneas, non podiamos permanecer indiferentes, enviando coas nosas cancións tradicionais unha gran mensaxe de afecto e xuntándonos con todo o movemento solidario galego por este dramático suceso”, segundo afirman.

O prezo das entradas é de cinco euros. A recadación íntegra entregarase a Cáritas Diocesana de Santiago para que a faga chegar á Cáritas de Valencia. Venda anticipada:

📍 Platería Luis Otero – Praza das Praterías, 6
📍 Mail Boxes – Hórreo 174 (Xunto á Galuresa)

As entradas deben aboarse en efectivo e agradécese que se leve o importe exacto para facilitar as operacións nestes recoñecidos comercios colaboradores.

FILA CERO

IBAN: ES21 0081 2130 4300 0103 7210
Titular: Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela
Concepto: DANA TUNA + DNI o CIF

FARMACIA

A Veterana Tuna de Farmacia de Santiago, renace en 2023 e está composta na actualidade por vinte integrantes. Pero cómpre dicir que o seu antecedente está no ano xubilar de 1993, cando sete magníficos e inquedos universitarios fundaron a Tuna de Farmacia. Participaron en certames de España e Portugal, conquistando premios, lugares e amores. É unha tuna clásica que ten os instrumentos propios de pulso e púa, pero tamén acordeón, contrabaixo, claves, maracas e güiro. E agora están de regreso!

Programa de pezas:

Marcha do Antigo Reino de Galicia
Muchachita Sabanera (Canto de Cigarras)
Luna de España
Fonseca
Vampiro

MEDICINA

A Tuna de Veteranos de Medicina de Santiago naceu en 2015, pero as súas orixes remóntanse a 1986, cando estes veteranos eran mozos. A súa época dourada foi nos anos noventa, a teor dos premios logrados en certames celebrados en España e outros países. “Sola se queda Fonseca” é o título do disco que gravaron en 1992, que inclúe pezas do folclore sudamericano. Como tuna veterana, Medicina organizou en 2021 o Certame da Federación Internacional de Cuarentunas, que reuniu en Santiago a 20 agrupacións e arredor de 500 cuarentunos. Todo un éxito!

Programa de pezas:

La Ronda del Firulí
⁠El día que me quieras
⁠Hoy estoy aquí
⁠Tuna Compostelana

TROYANOS

A agrupación musical de pulso, púa e percusión Troyanos de Compostela inicia a súa andaina en 2013 ao abeiro do Museo Casa de la Troya. Nace co afán de recuperar pezas e músicas galegas de finais do s. XIX e principios do XX, un frutífero período artístico que se corresponde coa acción en que se desenvolve a novela de campus La Casa de la Troya, obra de Alejandro Pérez Lugín e cuxa edición príncipe data de 1915. A gran maioría dos seus integrantes, máis de trinta, son antigos tunos, polo que inclúen no repertorio o cancioneiro tradicional.

Programa de pezas:

Santiago
⁠Rúas de Compostela
Pranto
⁠Silencio
Foliada do Rueiro

DERECHO

A Tuna de Derecho de Santiago, nacida en 1988, sinala na súa carta de presentación que é, “máis que un conxunto musical, o reflexo da cultura vibrante da cidade”. Levan case corenta anos sendo un latido constante nas rúas e prazas de Santiago, fusionando tradición e innovación, reforzando o seu lazo coa música e a cultura, pero sen perder a súa esencia. Premios nacionais e internacionais, rondas, discos e un declarado compromiso social, constitúen vistosas cintas que adornan as súas capas. E son os que, actualmente, manteñen a tradición das noites de verán nos soportais do Pazo de Raxoi.

Programa de pezas:

Madrigal
Bailando con tu sombra
Golpe de Mondariz / Brincadeira
Carretero

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%