AD

Comarca

Convocadas mobilizacións en toda a bacía do Ulla contra Altri

today15 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

A Plataforma Ulloa Viva chama á cidadanía a mobilizarse este domingo 16 de marzo ás 12:00 horas en diferentes puntos da bacía do Ulla para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de Altri. As concentracións, baixo o lema «Altri Non! Na Bacía do Ulla», celebraranse simultaneamente en varias localidades para visibilizar a oposición ao impacto ambiental que suporía a instalación da fábrica de celulosa en Palas de Rei.

Os puntos de encontro serán:

  • Agolada – Praza do Concello
  • Antas – Praza do Concello
  • Arzúa – Praza de Galicia
  • A Ulloa Viva – Ponte de Pontevea (río Ulla, entre Teo e A Estrada)
  • Baixo Ulla – Diante do Concello de Padrón
  • Chantada – Praza do Cantón
  • Melide – Praza do Concello
  • Monterroso – Diante do Concello
  • Palas de Rei – Praza do Concello
  • Santiso – Diante do Concello Vello (adiantada ás 11:00 horas)

A plataforma fai un chamamento á participación masiva para berrar alto e claro «Altri Non!» e seguir defendendo o territorio fronte a este proxecto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *