AD

Comercio

Culinaria acude a Etiqueta Negra con dous pratos de Galo de Curral

today8 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

A empresa silledense Culinaria participará na Feira Etiqueta Negra de Pontevedra do 11 ao 13 de novembro cun stand propio no Recinto Ferial de Pontevedra, onde ofrecerá varias degustacións do Galo de Curral de Actividades Dirixidas 2022-2023 – Concello de Vila de Cruces.

Haberá dúas elaboracións singulares: Galo do Curral guisado con guarnición ao modo tradicional, e asado de forma lenta para potenciar o seu sabor.

As catas poderán saborearse durante a fin de semana ás 12.00 e ás 18.00 horas, mentres que o luns 13 só haberá degustación  de mediodía.

ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra.

Una cita onde amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

Empresas, profesionais e público en xeral poderán expoñer, coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia, os máis innovadores, os que marcan tendencias.

A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%