AD

Actualidad

Deputación e concello de Dodro traballan na construción dunha senda na DP-3002

today20 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

A Deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, visitou o concello para valorar co Alcalde, Xabier Castro, e o concelleiro de obras e servizos, Ramón Abuín, o avance do proxecto.

Dodro, 20 de xaneiro do 2024 – A Deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña,  e alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, visitou o concello de Dodro para valorar o proxecto de senda peonil ao longo da estrada provincial 3302.

Trátase dunha obra na que se leva traballando moito tempo e que uniría o lugar de Tallos co da Igrexa. Un percorrido moi usado pola veciñanza xa que conecta espazos como a Casa do Concello, o colexio Eusebio Lourenzo Baleirón ou a igrexa de San Xián de Laiño.

Baixo unha forte chuvia deputada, alcalde e concelleiro visitaron a estrada para coñecer o espazo polo que discorrería a senda.

Nunha segunda fase a Deputación podería ademais arranxar parte da estrada para, posteriormente, cedela ao concello para que se convertera nunha vía urbana. Mónica Rodríguez valorou positivamente o proxecto e mostrouse disposta a apoiar a obra de forma que sexa unha realidade en esta lexislatura.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%