AD

Actualidad

Dimite en bloque a Comisión das Festas Patronais de Conxo

today29 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Dende outubro de 2023, doce veciños e veciñas de Conxo tomaron a responsabilidade de organizar as festas patronais da Merced e San Serapio, co obxectivo de ofrecer as mellores celebracións para todos os públicos. A pesar do entusiasmo e o esforzo posto, a Comisión decidiu renunciar á súa continuidade debido ás dificultades atopadas durante o proceso.

Segundo explican no seu comunicado, un dos maiores retos foi a contratación de orquestras dispoñibles para as datas das festas. Tras resolver este primeiro dilema, o equipo dedicouse a recadar os fondos necesarios a través de diversas actividades, como a busca de novos socios porta por porta, a colaboración de empresas, donativos, bingos, e a organización de eventos como a Festa pre-fin de ano e a Festa da Primavera. Tamén xestionaron o servizo de cantina nas festas organizadas pola Asociación Conxo Aberto e o Centro Socio Cultural Aurelio Aguirre.

Conscientes da esixencia e a dedicación que implica formar parte dunha Comisión de festas, os organizadores salientan que traballaron con moita ilusión, a pesar dos «rompedeiros de cabeza» que supuxeron as trabas administrativas. Un dos principais motivos da súa renuncia foi a complexidade á hora de solicitar permisos, cunha normativa de difícil comprensión e unha administración que, segundo indican, lles brindou pouca axuda.

A pesar da súa decisión de dar un paso ao lado, os membros da Comisión destacaron o importante papel que estas festas teñen no barrio de Conxo, especialmente nun ano significativo como o 2024, cando se cumpren 100 anos desde que Conxo deixou de ser concello propio.

Finalmente, a Comisión expresou o seu agradecemento pola confianza depositada polos veciños, socios e empresas colaboradoras, sen os cales sería imposible levar a cabo as festas. Con todo, fan un chamamento aos “valentes” que queiran facerse cargo da organización para que estas celebracións non desaparezan nunca.

Con esta renuncia, ábrese unha nova etapa para as festas patronais de Conxo, e a comunidade agarda con expectación quen serán os encargados de continuar coa tradición no 2024.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%