AD

Destacado

Dodro clausura o Programa Integrado de Emprego 2022/23

today15 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • No programa participaron 107 persoas dos concellos de Dodro, Padrón e Rois que recibiron máis de 1.000 horas de formación, visitas a empresas e charlas de distintos tipos.

Dodro, 15 de novembro do 2023 – O Pazo de Lestrove, en Dodro, acolleu a clausura do Programa Integrado de Emprego 2022/23 que agrupou aos concellos de Padrón, Rianxo, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro.

O Programa foi cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). O obxectivo primordial foi mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego dos concellos implicados.

Con ese fin o programa baseouse entres liñas de actuación. Por unha banda traballouse na formación para o desenvolvemento de competencias dixitais que favoreceran a incorporación ou reincorporación ao mercado laboral.

En segundo lugar traballouse na orientación laboral individualizada ao longo do Programa. Para rematar buscouse a intermediación laboral coas empresas da contorna durante os doce meses de duración.

En todos estes procesos investíronse máis de 1.000 horas de cursos, talleres, visitas a empresas, etc.

Xornada de Clausura

A xornada de clausura desenvolveuse con un formato de charla coloquio empresarial. En ela participaron o secretario territorial da Xunta de Galicia na Coruña, os alcaldes e a alcaldesa de todos os Concellos da agrupación, e o persoal de recursos humanos de compañías colaboradoras co Programa, en concreto, Aluminios Cortizo S.A; Financiera Maderera S.A; SIF Servicios, S.L.; Ana Muñiz S.L., e Pousadas de Compostela S.L..

O representante da Xunta, Severino Álvarez Monteserín. destacou a importancia da implicación, tanto dos concellos como da iniciativa privada, para o éxito destas actuacións. Os rexedores salientaron o esforzo de todas as persoas participantes, así como do persoal do programa e agradeceron a colaboración de todas as empresas participantes, un elemento esencial no transcurso do Programa.

Nesta edición atendéronse 107 persoas de todos os Concellos participantes (30 de Padrón, 27 de Rianxo, 14 de Valga, 14 de Dodro, 14 de Pontecesures e 8 de Rois), e logrouse unha porcentaxe de inserción superior ao mínimo esixido (35%), de 40 persoas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%