AD

Arte y Cultura

Dodro entrega o XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

today6 diciembre, 2023

Background
share close
AD
  • O premio entregarase o vindeiro sábado a Manuel López Rodríguez que o conseguiu pola súa obra “As palabras do sur”.

Dodro, 5 de decembro do 2023.- O Concello de Dodro entregará este sábado, 9 de decembro, o XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón ao poeta Manuel López Rodríguez pola súa obra “As palabras do sur”.

A celebración do acto terá lugar ás 17.30 horas no CPI de Dodro e reunirá, ademais do galardoado, á familia e veciñanza do poeta, membros do xurado, autoridades do goberno municipal e persoeiros da cultura.

O xurado elixiu o traballo de Manuel López Rodríguez entre os corenta poemarios presentados ao concurso. O xuíces destacaron “Palabras do sur” pola consistencia do proxecto, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, así como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura “Estas varias capas de lectura están, ademais, avaladas por unha pluralidade de recursos que consegue crear unha atmosfera coherente ao longo de toda a obra”.

Este certame, que rende homenaxe ao desaparecido escritor dodrense Eusebio Lorenzo Baleirón, constitúe un referente da escena literaria e da creación lírica na nosa lingua. O premio está dotado con 2.500 € e supón a publicación da obra gañadora nunha editorial de recoñecido prestixio.

O evento estará conducido polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira Viturro e presidido polo alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín Gómez.

No marco do mesmo terá lugar un recital poético a cargo da escritora local, Rocío Pérez Castro e a actuación musical de Manoele de Felisa. Ao finalizar do acto as persoas asistentes poderán degustar uns petiscos.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%