AD

Comarca

Catorce artistas participarán na novena edición de Arte na rúa de Arzúa

today9 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

Mércores, 9 de setembro de 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres, 11 de setembro, dentro da programación de verán, a novena edición da actividade Arte na rúa. Comisariada por Cristina Carballedo, colle o relevo da décima edición da exposición Bo Camiño que despois de clausurarse o pasado día 5 de setembro, superou as 2.700 visitas.

Trátase dunha xornada na que artistas profesionais de distintos puntos de Galicia traballarán obras en directo nas que Arzúa e o Camiño de Santiago serán o fío condutor. A actividade desenvolverase na contorna da Capela da Madanela e Praza de Galiza.

Nesta novena edición confirmaron a súa participación un total de catorce artistas: Antonio Abad, Encarna Álvarez, Violeta Bernardo, Margot García Liñeira, Miguel Anxo Macía, Novais, Rebeca Novo, Teresa Puy, María José Plata, Pedro Rascado, Julio Seijas, Laureano Vidal, Lomarti e Mila Vázquez.

As creacións artísticas faranse de 10:30 a 13:30 h. da mañá e despois terá lugar un xantar de confraternidade. Ás sete da tarde inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela. A galería estará aberta ata o 30 de setembro na Madanela en horario de 19:00 a 21:00 h de martes a sábados.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, animaba esta mañá “á veciñanza e visitantes a pariticipar nesta actividade na que os artistas saen á rúa e posibilítase tanto un contacto directo con eles como co proceso de creación dunha obra”. Ademais, quixo destacar que “esta iniciativa forma parte dun programa expositivo nos meses de verán que este ano superou xa as 4.600 visitas”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *