Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 septiembre, 2026
12 de setembro do Campionato de Remo de Mar organizado polo Club de Remo Cabo da Cruz e a Federación Galega de Remo coa colaboración do Concello de Boiro. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Ramón Dieste, do Club de Remo; e Gusta Vázquez, membro da Federación Galega de Remo.
“Trátase dunha modalidade novidosa que está a coller moita sona e pola que queremos apostar dende o Club de Remo”, afirmou Ramón.Compítese en C1, C2 e C3; embarcacións de un, dous e catro tripulantes en todas as categorías, dende alevín ata veteranos e absoluto masculino.
O campo da regata será de 3.000 metros para todas as categorías, agás nas categorías de promoción que será de 900 metros. “Está previsto que participen máis de 300 deportistas nas distintas modalidades de individuais, dobre e de catro”, afirmou Gustavo.
O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou á veciñanza a presenciar esta proba “que vai ser olímpica e se celebra aquí en Boiro nun entorno inmellorable como é a praia da Retorta” e agradeceu ao Club de Remo e á Federación a súa implicación e “por contar con Boiro para
celebrar probas coma esta”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)