Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Os Bombeiros do Deza tiveron que excarcerar este domingo dúas persoas que quedaron atrapadas nun vehículo tras sufrir unha saída de vía no lugar da Baiuca, na parroquia de San Pedro de Losón, no municipio de Vila de Cruces.
O accidente produciuse arredor das 17:30 horas. Segundo informou o 112 Galicia, un particular alertou de que o coche se atopaba envorcado lateralmente e de que non eran capaces de sacar do seu interior dúas das persoas ocupantes. O terceiro ocupante, que conducía o vehículo, conseguiu saír polos seus propios medios.
Ata o lugar do sinistro mobilizáronse, ademais dos Bombeiros do Deza, efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES e do Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)