AD

Actualidad

EFA Piñeiral, protagonista da programación previa da 49ª Festa do Queixo de Arzúa

today27 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Catas co consello regulador D.O.P. Arzúa Ulloa, masterclasses co Arzúa- Ulloa D.O.P. como protagonista, actividades divulgativas nos centros de educación infantil arzuáns e a elaboración e exposición da réplica doce do cartel do evento conforman a oferta de actividades da Efa Piñeiral

O centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral colabora activamente unha edición máis coa Festa do Queixo de Arzúa.

Nas instalación do centro arzuán celebraranse catas a cargo do consello regulador D.O.P Arzúa- Ulloa co gallo de afondar nas propiedades nutricionais do produto estrela da comarca.
Mañá martes alumnado do ciclo superior de educación infantil do centro arzuán liderará sendas actividades de sensibilización nos centros de educación infantil de Arzúa. O obxetivo é que os escolares coñezan os recursos do territorio da man de materias de refugallo, contos ou manualidades.

Este xoves ás 17.00 horas na Efa Piñeiral celebrarase a masterclass “Paraísos da Arzúa Ulloa” a cargo da chef Vera Avola na que se poñerá o foco na versatilidade do queixo Arzúa Ulla en diferentes e innovadoras propostas culinaras. A actividade conta con prazas limitadas, cun custe de 10€ e a inscrición debe realizarse no 981500580.

A réplica doce do cartel anunciador da 49 edición da Festa do Queixo estase ultimando no obrador da Efa Piñeiral polo alumnado do ciclo de panadaría e repostaría e presentarase este xoves no propio centro durante a masterclass. Estará exposto durante a fin de semana no stand da organización da Festa do Queixo no recinto feiral.

Xa o sábado pola tarde ás 17 horas, na cociña do recinto feiral alumnado e profesorado do ciclo de panadaría repostaría e confeitaría da Efa Piñeiral impartirán a masterclass “Erase unha vez unha sobremesa de queixo e chocolate”. Ata 15 participantes poden participar nesta masterclass cuxa inscrición debe realizarse no 981500580.

“Non podemos faltar á nosa cita coa Festa do Queixo porque entendemos é unha ocasión excepcional para contribuir á posta en valor dos recursos do noso territorio e a apoiar o seu coñecemento, dende os máis cativos ata os presentes e futuros profesionais de diferentes ámbitos”, afirma a directora da Efa Piñeiral Raquel Carregal.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%