Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 marzo, 2025
Imaxe: Crónica de Arca | Cedida
Un vehículo estrelouse esta madrugada contra a terraza do Restaurante Regueiro, en Pedrouzo, impactando tamén contra un contedor antes de saír da vía uns 300 metros despois, en San Antón. O condutor, un home duns 50 anos, deuse á fuga tras o accidente, pero foi identificado pouco despois.
O forte impacto causou importantes danos en catro vehículos estacionados na zona, chegando a desprazar varios metros un deles, segundo testemuñas. Ademais, a forza da colisión arrincou de cuallo os mecanismos metálicos que suxeitaban os contedores.
Tras o aviso do sinistro, a Garda Civil de Tráfico e o equipo de atestados desprazáronse ao lugar. As autoridades identificaron ao condutor e sometérono a unha proba de alcoholemia, que arroxou un resultado de 0,70 mg/l de alcol en aire expirado, máis do dobre do permitido. Por este motivo, está a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria. Os danos materiais son cuantiosos e a investigación continúa aberta para esclarecer os feitos.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)