Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O suceso ocorreu minutos antes das 19:30 horas na senda fluvial que conduce ao Xirimbao, no concello da Estrada, preto da praia de Pontevea. Uns bañistas lograron levar o home ata a beira, aínda que as dificultades do terreo —unha zona de moitas pólas e con desnivel respecto ao camiño— impedían sacalo de alí.
Os propios particulares practicáronlle manobras de reanimación ata que chegaron os efectivos do GES da Estrada, que conseguiron sacalo da zona de difícil acceso. Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
No operativo interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, o GES e o Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada e de Teo, así como as Policías Locais de Teo e do municipio estradense.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)