AD

Actualidad

Farmacia da USC, distinguida co Selo de grao de excelencia

today30 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • Convértese na segunda titulación da USC en recibir esta distinción logo de que xa se lle outorgase a Veterinaria

O grao en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela acaba de ser distinguido co Selo de grao de excelencia a titulacións universitarias de grao, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2024/25. O recoñecemento que aparece publicado este xoves 30 no Diario Oficial de Galicia é o segundo desta natureza que recibe a Universidade de Santiago de Compostela, logo de que xa se lle outorgase a Veterinaria na anterior convocatoria.

Este selo, creado polo Xunta de Galicia, recoñece aquelas titulacións que destacan polo seu elevado nivel académico, científico e técnico, así como pola súa capacidade de adaptación ás demandas actuais da sociedade. A iniciativa inscríbese nas políticas do Goberno autonómico para reforzar a excelencia universitaria, promover a innovación docente e aliñar a oferta formativa coas tendencias internacionais, contribuíndo así a elevar os estándares de calidade e a visibilidade das universidades galegas a nivel estatal e europeo.

As candidaturas foron avaliadas cun máximo de 100 puntos, distribuídos en oito bloques de criterios. Para obter o selo, era necesario acadar 90 puntos ou máis. Os aspectos avaliados foron os seguintes: estratexia e resultados (25 puntos), inserción laboral (20), calidade da proposta presentada (15), currículo (10), deseño do proceso de ensino-aprendizaxe (10), profesorado (10), avaliación (10) e internacionalización (10).  O Selo de Grao de Excelencia ten unha vixencia de seis cursos académicos, con seguimentos anuais e posibilidade de renovación. A concesión, ademais do recoñecemento, supón un financiamento extraordinario, cunha dotación de 60.000 euros anuais, o que supón un investimento total de 360.000 euros ao longo do período.

Mestrados

Ademais do Selo a graos, a USC tamén ten sido distinguida pola excelencia dos seus mestrados. Así, os mestrados universitarios en Enxeñaría Ambiental, Matemática Industrial, Computación de Altas Prestacións, Enxeñaría Química e Bioprocesos, Química Orgánica, e Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable teñen recibido a mención de máster de excelencia que tamén outorga o Goberno autonómico.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *