Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023.- A empresa láctea galega Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN e con sede no concello coruñés de Ames, colabora co “II Torneo Internacional Viravolta Jael” de ximnasia rítmica, que se celebra ao longo desta fin de semana (18 e 19 de novembro) en Santiago, no Multiusos Fontes do Sar. Esta competición, promovida polo club Viravolta, reunirá na capital galega a centos de mozos e mozas desta disciplina deportiva, procedentes de diferentes puntos de Galicia e España, así como doutros países como Armenia, Portugal, Alemaña, Hungría ou Italia.
Feiraco participará neste evento internacional como unha das marcas colaboradoras. Na xornada do sábado instalarase unha carpa no pavillón do Sar e repartiranse batidos a todos os asistentes. Ademais, sorteará a través das súas
redes sociais 15 entradas para poder acudir ao encontro. A recadación do torneo destinarase á Asociación Infantil Oncolóxica de Galicia.
Unha vez máis, a firma láctea aposta pola vida sa a través do seu apoio ao deporte galego, nesta ocasión co aliciente engadido de que se trata dun certame protagonizado por deportistas novos. Feiraco cumpre así co seu propósito de dar respaldo a distintas disciplinas deportivas da nosa comunidade. Feiraco, o leite do deporte galego
“O leite do deporte galego” era o lema que no ano 2018 levaban imáns promocionais da firma láctea en colaboración coa Xunta de Galicia. E o mesmo lema se podería aplicar hoxe en día á marca. No que levamos de ano ten apoiado diversas carreiras en distintos concellos galegos, xunto a outros eventos deportivos. A empresa quere así fomentar hábitos de vida saudable, non só a través da alimentación, senón tamén co incentivo ao deporte.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)