Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 febrero, 2024
O Concello convoca dúas xornadas de conciliación familiar para o luns 12 e o mércores 14 de febreiro
1 de febreiro de 2024.- O Concello de Frades vén de abrir o prazo de inscrición no seu tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o domingo 11 de febreiro, ás 17:00 horas, no pavillón municipal de Ponte Carreira. Un concurso aberto a todas as persoas que se anoten no Concello de Frades (981 695 567 e 981 695 663) de forma presencial ou telemática antes das 13:00 horas do venres 9 de febreiro. Non se aceptarán inscricións o mesmo día do concurso.
O Concello de Frades repartirá un total de 1.205 euros en premios. Os dorsais dos participantes poderán recollerse no propio pavillón polideportivo de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas. O concurso mantén as dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes).
Haberá premios de 300, 150 euros e 75 euros para os tres mellores grupos adultos; así como 100 e 50 euros na categoría individual. Na categoría infantil, os tres gañadores do concurso de grupos levarán 100, 60 e 30 euros, respectivamente; mentres que os vencedores do concurso individual infantil levarán 60 e 30 euros. Os premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades, sempre que non foran premiados noutra categoría, serán de 125, 75 e 50 euros.
Festa e conciliación
Durante toda a tarde do domingo 11 de febreiro, o pavillón municipal de Ponte Carreira acollerá tamén unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, fotomatón e unha gran chocolatada. A entrada é totalmente libre e de balde.
Así mesmo, o Concello de Frades organiza dúas xornadas especial de Entroido para facilitar a conciliación familiar no municipio: o luns 12 e o mércores 14 de febreiro (xa que o martes é festivo). Dúas actividades que terán lugar no centro sociocomunitario de Ponte Carreira, en horario de 9:30 a 13:30 horas, e que terán un prezo de 5 euros por día, con descontos do 20% no segundo irmán/irmá e do 50% para familias numerosas.
O luns 12 terá lugar un obradoiro de máscaras e unha ximkana de Entroido, mentres que o mércores 14 haberá un obradoiro de maquillaxe e o xogo “A busca do tesouro”. En ambos os dous casos a media mañá haberá unha parada para a correspondente merenda. As inscricións están abertas ata o mércores 7 de febreiro, con preferencia para crianzas empadroadas en Frades ou escolarizadas no CPI Ponte Carreira. As anotacións faranse no Concello (981 695 567) ou a través da sede electrónica municipal.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)